miércoles, 18 de marzo de 2020

COMECOCOS

Ola de novo!!

Hoxe traivos un pasatempo co que pasar un bo rato e que podedes personalizar coa temáticaque queirades.
Trátase de facer un comecocos de papel. Podedes facelo da temática que queirades pero se non se vos ocurre nada, deixovos algunhas ideas coa que podedes poñer a proba ás vosas familias a ver se son capaces de adiviñalas.

  • Preguntas sobre como eres ti (exemplo: Cal é a miña comida favorita?)
  • Preguntas sobre o que levamos estudado de ciencias (Universo, seres vivos, climas, relevo..)  (exemplo: Que características teñen os seres vivos para consideralos como tales? Facer as tres funcións vitais e estar formados por células)
  • Preguntas sobre películas (exemplo: Como se chama o boneco de neve dunha peli ao que lle gustan as apertas quentiñas? OLAF)

Recordade que as preguntas deberán poñerse nas "pestañas" e as respostas dentro das mesmas.
Podedes decoralo con cores, bonecos, símbolos...como queirades!!
Pode ser unha boa forma de repasar contidos dados ata agora ou simplemente para pasar un rato divertido!

Deixovos unhas instruccións moi sinxelas para poder facelo.


Espero comentarios sobre qué temática elexistedes e algunha fotiño para ver o chulos que os fixestes.
Unha aperta mooooi grande,
Sara 😍