jueves, 2 de abril de 2020

CAMBIO CLIMÁTICO

Moi bos días! 
A puntiño de rematar esta semana, vamos traballar un pouquiño de Ciencias Sociais.

ACTIVIDADES

1º: ELEMENTOS DO CLIMA.
Para esta actividade podedes consultar as páxinas 56 e 57 do libro (tema 4) ou se vos atrevedes podedes facela sen ver para comprobar  se estos conceptos están clariños na nosa cabeza.

2º: ZOAS CLIMÁTICAS
Para esta actividade podedes repasar as páxinas 60 e 61 ou ven facelo sen mirar como na actividade anterior.

3º ASESORES DO CAMBIO CIMÁTICO.
O cambio climático é unha realidade. Hoxe, a través dos vídeos que vos deixo e a través do libro de Ciencias Sociais (páx 64 e 65) deberedes facer o seguinte.


ENLACES AOS VÍDEOS:


Podedes deixarme (se queredes) no correo (profesaramiguez@gmail.com) unha foto do chulo que vos quedou no informe e nos comentarios escribídeme un consello dos que escribístedes.

PD: Recordade pasarvos polos blogues de Inglés, Educación Fisica e Música para revisar todo que prepararon as profes para vos.

Unha aperta!
Sara.