jueves, 4 de junio de 2020

A NOSA TERRA

Bos días clase!
Algunha vez parástevos a pensar no increíble que é a nosa natureza e o noso planeta? 
Unha mágoa que algunhas persoas non o fagan e a cuiden tan mal...
Hoxe nós, profundizaremos en 2 temas moi importantes: A BIODIVERSIDADE E O RECICLAXE


Preparados? Pois imos alá!

1º ACTIVIDAD: SER VIVO, ONDE VIVES?

Fixate na imaxe seguinte e escribe unha "ficha informativa" para cada animal que ves na imaxe (ver exemplo na páx 13 de Ciencias Naturais) no que inclúa: 
reino (moneras, protoctistas, fungos, plantas e enimais), clase (mamíferos, reptiles, aves, anfibios e peixes) , orde(según a súa alimentación: carnívoros, omnívoros e herbívoros) orde segundo a súa reprodución (ovovivíparos , ovíparos e vivíparos) especie e tipo de ecosistema no que vive (xustifica a túa resposta na elección do ecosistema).

Podedes ter en conta o seguinte esquema




2º ACTIVIDAD: RECICLAXE ACTIVO

Sabes reciclar? Credes que o facemos ben? Mirade este vídeo con atención:



Fai un cartel na libreta no que aparezcan os contenedores do lixo e os elementos que sí podemos reciclar en cada un deles. Fainos bonitos e anima a túa familia a reciclar na casa! Eses carteis poden ser unha boa axuda para poñer enriba dos contenedores ou bolsas e que ningúen se confunda.

A reciclar!


3º ACTIVIDAD: CANTO TEMPO...

Fíxate nos elementos que aparecen na fotografía e reflexiona no seguinte:


a) De qué material está feito principalmente cada un?
b) Tendo en conta a actividade dos contenedores anterior, debuxa na túa libreta os contenedores do lixo e "recicla" os elementos da foto
c) Escribe polo menos 5 consecuencias negativas de non reciclar e 5 consecuencias positivas de reciclar.


PD: Onte houbo un problema coa actividade do CORCHO. Agora xa debería ir. Probade a escribilo e se tendes problemas escribídeme un correo. 
 ______________________________________________________________________________

HOXE É XOVES E TENDES EDUCACIÓN FISICA, PINCHADE NO ENLACE PARA VER AS ACTIVIDADES DE HOXE!