Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Naturais. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

REPASO FINAL NATURAIS

Moi bos días clase!! Imos con naturais, ultimo repaso!!

1º ACTIVIDADE: VERDADEIRO OU FALSO AS PLANTAS

Clasifica as afirmacións seguintes sobre as plantas en VERDEDEIRO ou FALSO

2º ACTIVIDADE: MÚSCULOS E OSOS


3º ACTIVIDADE: SERES VIVOS

Escribe se son verdadeiras ou falsas cada unha das afirmacións. No caso de quee sexan falsas, corríxeas

4º  ACTIVIDADE: UN RECUNCHO DE FORNELOS!
Recórdovos a actividade que vos propuxemos para facer entre todo o cole. Entra no enlace para refrescar a memoria: ACTIVIDADE

______________________________________________________________________________
HOXE É XOVES E TENDES A ÚLTIMA SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA:


______________________________________________________________________________
Nada máis, que teñades un bo día!
Apertas!!


viernes, 5 de junio de 2020

Día Mundial del Medio Ambiente

Muy buenos días clase!!
A puntito de terminar una semana más, vamos a hacerlo con buen pié!
Hoy es el Día Mundial del Medio Ambiente, un día importante para concienciarnos de lo importante que es cuidar de nuestro hogar, la Tierra, y reflexionar sobre todo aquello que los humanos hacemos constantemente destruyéndola poco a poco...

Vosotros y vosostras sois el futuro así que cuidar siempre el lugar donde vivís para que otros puedan seguir haciéndolo.

Después de esto...empezamos!
Antes de nada, desengrasamos el cerebro con esta actividad de acentuación, fácil, fácil!!


1º ACTIVIDAD: VERBOS

Tened en cuenta esta información



2º ACTIVIDAD: HISTORIA
Te imaginas que los animales de todas las especies  se reunieran una vez al año para hablar de cómo es la convivencia con los humanos, los animales extintos ese año, o buscar soluciones para poder convivir mejor?
Escribe una historia sobre esto. Deja volar tu imaginación pero ten muy presente como la huella humana influye en el planeta y en todos los seres vivos que habitan en él.
Como siempre, escribe la historia y al final ponle el título.


_______________________________________________________________________________-

PARA LOS DE VALORES:

1º ACTIVIDAD: BOAS CONDUCTAS vs MALAS CONDUCTAS NO MEDIO


Observa con atención o seguinte vídeo e fíxate nas conductas negativas do ser humán no medio ambiente. Escríbeas e pon ao seu carón como a cambiarías para que fose unha boa conducta.

Responde á pregunta do vídeo: Qué farás ti agora para coidar o planeta?

______________________________________________________________________________
HOXE TOCA PLÁSTICA ASÍ QUE PASADE POLO BLOGUE!!
BLOGUE DE PLÁSTICA
_______________________________________________________________________________
PASÁDEVOS POLO BLOGUE DO COLE PARA VER CÓMO A NATUREZA CONTINUOU CRECENDO A PESAR DE TODA ESTA SITUACIÓN.
ASÍ ESTÁN AS NOSAS LANDRAS!!
CEIP DOUTOR SUÁREZ

FIXÁDEVOS NA ACTIVIDADE TAN CHULA QUE IMOS FACER TODO O COLE...ESTE FINDE É UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA FACELA MENTRES DADES UN PASEIÑO!

QUE TEÑADES UNHA BOA FINDE!


jueves, 4 de junio de 2020

A NOSA TERRA

Bos días clase!
Algunha vez parástevos a pensar no increíble que é a nosa natureza e o noso planeta? 
Unha mágoa que algunhas persoas non o fagan e a cuiden tan mal...
Hoxe nós, profundizaremos en 2 temas moi importantes: A BIODIVERSIDADE E O RECICLAXE


Preparados? Pois imos alá!

1º ACTIVIDAD: SER VIVO, ONDE VIVES?

Fixate na imaxe seguinte e escribe unha "ficha informativa" para cada animal que ves na imaxe (ver exemplo na páx 13 de Ciencias Naturais) no que inclúa: 
reino (moneras, protoctistas, fungos, plantas e enimais), clase (mamíferos, reptiles, aves, anfibios e peixes) , orde(según a súa alimentación: carnívoros, omnívoros e herbívoros) orde segundo a súa reprodución (ovovivíparos , ovíparos e vivíparos) especie e tipo de ecosistema no que vive (xustifica a túa resposta na elección do ecosistema).

Podedes ter en conta o seguinte esquema




2º ACTIVIDAD: RECICLAXE ACTIVO

Sabes reciclar? Credes que o facemos ben? Mirade este vídeo con atención:



Fai un cartel na libreta no que aparezcan os contenedores do lixo e os elementos que sí podemos reciclar en cada un deles. Fainos bonitos e anima a túa familia a reciclar na casa! Eses carteis poden ser unha boa axuda para poñer enriba dos contenedores ou bolsas e que ningúen se confunda.

A reciclar!


3º ACTIVIDAD: CANTO TEMPO...

Fíxate nos elementos que aparecen na fotografía e reflexiona no seguinte:


a) De qué material está feito principalmente cada un?
b) Tendo en conta a actividade dos contenedores anterior, debuxa na túa libreta os contenedores do lixo e "recicla" os elementos da foto
c) Escribe polo menos 5 consecuencias negativas de non reciclar e 5 consecuencias positivas de reciclar.


PD: Onte houbo un problema coa actividade do CORCHO. Agora xa debería ir. Probade a escribilo e se tendes problemas escribídeme un correo. 
 ______________________________________________________________________________

HOXE É XOVES E TENDES EDUCACIÓN FISICA, PINCHADE NO ENLACE PARA VER AS ACTIVIDADES DE HOXE!


jueves, 21 de mayo de 2020

PLANTAS

Ola clase!
Espero que esteades todos e todas ben!
Hoxe imos traballar un pouco coas plantas. Acordádesvos das nosas plantiñas de clase? Pobres, deben estar alucinando con tanto silencio jeje

1º ACTIVIDADE: REPASO XERAL
Para recordar un pouco o que era e como "funcionan" as plantas, imos traballar con esta ficha (poñédelle o nome): 



2º ACTIVIDADE: TIME LAPSE DAS PLANTAS
Este está feito cunha técnica fotográfica chamada "time lapse" que consiste en capturar todas as imaxes que suceden nun periodo de tempo e reproducilas a cámara rápida. Normalmente, estos movementos son imperceptibles polo ollo humán polo que o time lapse é una ocasión perfecta para poder disfrutar da beleza da natureza.
Fixádevos no vídeo e contesta as preguntas.





ACTIVIDADE: AS PLANTAS DE MARTA

_____________________________________________________________________________ 


HOXE É XOVES ASÍ QUE DÉIXOVOS POR AQUÍ O ENLACE AO BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA PAR QUE FAGADES A CLASE:
________________________________________________________________________________
Acordádevos que as mestras estamos valorando positivamente os vosos traballos e, pos suposto repercutirán na nota deste 3º trimestre. No caso das mestras especialistas de inglés, música e educación física tamén necesitan ver como facedes as tarefas para valoralas, así que non vos esquezades de mandarlle fotos, vídeos ou o que vos pidan aos seus correos. Se tendes problemas para enviarlles vídeos poñédevos en contacto conmigo ou coa mestra da área correspondete, pero é importante ter constancia de que están facendo as tarefas (ademais do importante aporte a súa educación e desenvolvemento motor e cognitivo por parte DE TODAS AS MATERIAS)

martes, 19 de mayo de 2020

TALLER DE PROBLEMAS

Buenos y soleados días clase!
He tenido un pequeño problema con el blog y se ha publicado esta entrada un poco antes de tiempo, esta es la tarea que tenéis para hoy MARTES.

Hoy tendremos que darle un poco a la cabeza con las MATES!

Primero de todo, un juego para "desengrasar" los engranajes! A por él!!


ESTAMOS LISTOS Y LISTAS? Pues empezamos!!
Antes de nada, leer bien todo y responder en la libreta cada pregunta. En este caso es mejor que copiéis las preguntas que os pongo antes de resolverlas.
En el caso de la 2º foto en la última pregunta, podeís inventaros nuevos datos y por supuesto, siempre que inventéis, deberéis resolverlo y explicar cómo lo habéis hecho.
(No os olvidéis de los 3 pasos fundamentales: DATOS-OPERACIONES-SOLUCIÓN)

_____________________________________________________________________________
HOY TENÉIS INGLÉS, ASÍ QUE OS DEJO POR AQUÍ EL ENLACE AL BLOG DE LA PROFE ANA:
BLOGUE DE INGLÉS

Feliz semana!!
Sara

miércoles, 13 de mayo de 2020

Bichería

Bos días clase!!
Hoxe vamos facer unha pequena actividade para que teñades tempo para facer o debuxo do Proxecto de galego que faremos todo o cole e no que quero que participedes.

1º SERES VIVOS vs SERES INERTES


2º OBSERVATORIO DE BICHOS
De hoxe ata o venres deberedes anotar os bichos que veades polo redor da vosa casa. Pode ser na finca, na rúa, en árbores...
Pasados eses días deberedes escoller un deses insectos (elexide ben porque só podede escoller un!) e cubrir a ficha de "Expertos en bichería".
O fin de semana que ven colgarei os vosos informes de bichería para que veades os traballos entre todos e todas!


Podedes utilizar cores, papeis, rotus...O QUE QUEIRADES!!
Deixovos un vídeo para que coñezades un pouco máis dos insectos
________________________________________________________________________________
HOXE É MÉRCORES ASÍ QUE VOS DEIXO O ENLACE AO BLOGUE DE MÚSICA:

(Video clip feito pola profe de música con moito cariño! Aínda que da nosa clase só participamos Paula e eu, botádelle un ollo e espero ver a máis nenos e nenas de 5º participando noutros proxectos. Grazas Paula!!!!)
_________________________________________________________________________________
RECÓRDOVOS A ACTIVIDADE PARA AS LETRAS GALEGAS QUE ESTÁ EXPLICADA NETE ENLACE:
________________________________________________________________________________
RETO MÍMICA: hoxe tócalle a Anxo! A ver quen adiviña os seus sustantivos! Escribídeos en comentarios e acordadevos que na publicación de onte está o reto de Nuria!


Fantástico Anxo!!


Unha aperta moi grande!
Sara
______________________________________________________________________________

lunes, 11 de mayo de 2020

DEMOSTRATIVOS E LETRAS!

Moi bos días e feliz semana!
Estou recibindo xa vídeos de sustantivos con mímica así que moi pronto comezarei a colgalos no blogue para que os adiviñades.

Hoxe veño cargadiña de cousas, así que estade moi atentos e antentas....COMEZAMOS!

1º RETO: ARTIGOS EN FOTOS
Como a semana pasada estivemos traballando os artigos co cempés, nesta ocasión deberedes mandarme 3 fotos de situacións no que poñeriades un ARTIGO e unha CONTRACIÓN
(ver o exemplo da profe)



2º ACTIVIDADE: DEMOSTRATIVOS





3º RICARDO CARVALHO CALERO

-Dossier


-Obras e xogos
(premede no enlace e lede a obra "A beira do mar", investigade e xogade os xogos que aparecen na páxina)

-Scape Room
_________________________________________________________________________________
HOXE É LUNS E POLO TANTO TENDES QUE PASAR POLO BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA:

BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA

_______________________________________________________________________________
ADEMÁIS HOXE COMEZA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS ASÍ QUE VOS DEIXO O BLOGUE DE DINAMIZACIÓN PARA QUE VEXADES E PARTICIPEDES  O PROXECTO QUE LEVAREMOS A CABO TODO O COLE:

POALLANDO EN GALEGO

Pasade unha moi boa semana, mándovos moitos bicos!!


jueves, 7 de mayo de 2020

SERES VIVOS: CÉLULAS

Moi bos días nenos e nenas de 5º!!
Hoxe imos retomar o noso primeiro proxecto de Ciencias Naturais. Acordádesvos daquelas células tan chulas que fixerades nos equipos?  Pois hoxe traballaremos con estos seres, recordando, contestando, diseñado e reflexionando.

Antes de nada, desoxidamos o cerebro e deixovos un vídeo moi curto para refrescar algunha cousa, ainda que todo iso xa o sabemos!!



ACTIVIDADES
Coma sempre, non fai falta imprimir nada, podedes facelo na libreta. Lede todo ben e no exercicio 4 tende moi en conta as instrucións, é moi importante aprender a pensar e reflexionar ben.





________________________________________________________________________________
HOXE É XOVES E TENDES EDUCACIÓN FÍSICA, ASÍ QUE VOS DEIXO O ENLACE. ACORDÁDEVOS DE MANDARLLE VIDEOS A MESTRA LUCÍA PARA QUE VEA QUE ESTADES TRABALLANDO E EN FORMA!


A traballar!!

Sara.

martes, 5 de mayo de 2020

Costas, ríos e vertentes

Bos días!!
Quén ten ganas de ir ó rio ou a praia? Xa queda menos para iso, e para facer esta espera máis amena hoxe faremos un percorrido especial.

1º ACTIVIDADE: ADIVIÑA ONDE.
Despois de ler cada descripción deberedes identificar e completar a táboa
 (ler  primeiro a páxina 40 y 41 de Ciencias Sociais e logo facer  a táboa)




2º ACTIVIDADE: RIOS



3º ACTIVIDADE: APADRIÑA UN RÍO.


4º ACTIVIDADE: FAVORITOS

Deixade en cometarios:
-2 praias praia ou río favoritos no que estivestedes 
-Que praia ou rio queredes coñecer 

Comezo eu.: A miña praia favorita é Tulla (está en Cabo Udra , Bueu) e Nerga (en Cangas) aínda que a máis rara á que fun é a praia de Gulpiyuri en Asturias (convídovos a que busquedes unha foto dela)
A praia que me gustaría coñecer é a a de Stockness en Islandia pola súa area negra e as montañas que a rodean.
É O VOSO TURNO!!
_________________________________________________________________________________
HOXE TENDES INGLÉS, ASÍ QUE DÉIXOVOS POR AQUÍ O ENLACE AO BLOGUE PARA QUE FAGADES AS ACTIVIDADES:

_________________________________________________________________________________

ADEMAIS, TENDES UNHA SORPRESA DE CHIMPALIBROS NO BLOGUE DA  BIBLIOTECA

________________________________________________________________________________
RECORDADE QUE MAÑÁN É O ÚLTIMO DÍA PARA O VÍDEO DE MÚSICA!!

Unha aperta enorme!!
Sara

miércoles, 22 de abril de 2020

Dia da Terra

Ola ola!!
Como podedes ver no título da publicación, hoxe é o Día da Terra, pero iso non significa que só hoxe teñamos que acordarnos de coidar o noso planeta e foga, senon que o camiño faise día a día e e non somentes un día en concreto.
Con toda esta situación que estamos a vivir, as gañas de coñecer mundo e estar en contaco coa natureza aumentan, non vos pasa? Cantas gañas tendes de ir a descubrir lugares novos e descubrir sitios increíbles que agocha o mundo?
Eu persoalmete moitas!

Por iso hoxe imos falar de tres lugares diferentes, con características diferentes que os definen como o que son: ECOSISTEMAS.

A tarefa de hoxe consistirá en 2 actividades:

ACTIVIDADE 1: OS ECOSISTEMAS

Para refrescar a mente, poñovos os seguintes videos que deberedes mirar pulsando enriba deles:




A continuación, deberedes observar as diferentes imaxes que os mostro neste documento e na libreta debedes facer un informe coas cousas que se vos pide.
Para ese informe deberedes poñer: IMAXE 1 e redactar todo o que se vos pide (o mesmo coas demáis imaxes)







Podedes refrescar a mente sobre os ecosistemas no tema 3 de Naturais ou revisar os vídeos.

Recordade tamén as diferentes zonas climáticas do planeta (TEMA 4 de Ciencias Sociais)

ACTIVIDADE 2: EU COIDO A TERRA

Nunha folla deberedes escribir 10 accións coas que podemos coidar a Terra. 
En cada frecha deberedes poñer unha acción con poucas palabras E CON DEBUXOS que representen iso (como fixemos en clase coa actividade de Bella, recordades?) 
Deberá seguir esta forma:

Non fai falta imprimir nada, podedes facelo vos.


Deixar en comentarios o lugar ao que che gustaría ir proximamente e mandade os traballos feitos ao meu correo (profesaramiguez@gmail.com) para que eu saiba que os fixestedes e valorar positivamente.

Unha aperta moi grande, Sara.

NON VOS ESQUEZADES HOXE DE IR AO BLOGUE DE MUSICA PARA FACER A ACTIVIDADE QUE VOS PREPAROU A PROFE SANDRA

https://musicafornelos.blogspot.com/2020/04/5-y-6.html

viernes, 17 de abril de 2020

CREAMOS?

Benvidos e benvidas un día máis nenxs de 5º!
Espero que eses telexornais estén saindo de maravilla!
Hoxe vamos a ir un pasiño máis alá. Imaxinadevos que podedes crear fenómenos atmosféricos e naturais...sería xenial verdade?
Pois iso é o que imos facer hoxe!
 Atentos e atentas, comezamos.

Podedes facer os tres experimentos ou un deles. O importante é que escribades na libreta o informe de cada experimento (como fixemos en clase varias veces) que vos deixo a continuación:

INFORME PARA CADA EXPERIMENTO
ollo!! non fai falta imprimilo, podedes escribirlo la libreta


Lede ben cada infografía de cada experimento e o que tendes que explicar a maiores no informe de cada un.




1º EXPERIMENTO: CREAMOS UN ARCO DA VELLA 



Despois de facelo, intenta pensar por qué ocurre este fenómeno e escribe o nome das cores do arco da vella.

2º EXPERIMENTO: CREAMOS UNHA NUBE

(OLLO! FACER COA SUPERVISIÓN DUN ADULTO)


Despois de facer o informe, escribe reflexiona por qué crees que ocorreu isto e explica a formación de nubes tendo en conta o ciclo da auga da paxina 57 de Ciencias Sociais

3º EXPERIMENTO: CREAMOS UN REMOLINO MARINO


Despois de facer o informe escribe por qué crees que ocorreu isto



Espero que vos divirtades e descubrades o maravillosa que é a natureza por facer todos estos fenónemos por ela soa e tamén, o maravillosa que é a ciencia que nos permite acercarnos a estos fenómenos dun xeito máis persoal.

Madádeme unha foto dos vosos experimentos ao correo.
Boa finde cientificos!!



lunes, 23 de marzo de 2020

UN POUQUIÑO DE CIENCIAS

Olaa todos e todas!
Como xa sabedes, esta situación vaise alargar un pouquiño máis pero temos que ser positivos e positivas, lavar moito as mans, coidarnos e coidar da nosa familia e non sair da casa! Sede responsables!

É moi importante manterse activos así que vos preparei un material para que repasedes as últimas cousiñas que estivemos vendo en ciencias.

CIENCIAS SOCIAIS


Por un lado deixovos uns xogos para repasar os climas de España ao que podedes acceder pulsando neste enlace.

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-sociales/geografia/mapa-climas-espana
https://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/los-climas-de-espana#.Wqg49OjOVPY
http://centros3.pntic.mec.es/cp.antonio.de.ulloa/webactivhotpot/raiz/Hot%20Pot/CONO/clima/climas.htm

Esta é una páxina moi chula para repasar, investigar as curiosidades de cada clima e facer actividades diferentes.
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/primaria/conocimiento/climas/htm/ejercicios/pagina3.htm

Por outro lado deixovos estas fichas de actividades. Podedes imprimilas e facelas cubrindoas ou ben, podedes escribir as solucións na libreta dos deberes poñendo de título "Un pouquiño de ciencias ficha 1". O climograma igual, se non o podedes imprimir, facelo la libreta.





CIENCIAS NATURAIS


Para repasar os ósos e os músculos propóñovos varias cousiñas.

1) Cancións dos ósos:

2) Cancións dos músculos


3) Manualidade do ESQUELETO HUMÁN (para deixar voar a imaxinación, repasar e pasar un rato diferente)


4) UNHA ACTIVIDADE DE REFLEXIÓN

O tempo dunha persoa é algo moi valioso, é algo que nunca máis se recupera, por iso é moi importante saber se o estamos invertindo ben. Propóñovos esta actividade de reflexión onde é fundamental que sexades sinceros e sinceras e reflexionedes sobre se é así como queredes invertir o voso tempo

Espero que vaiades facendo as cousas que vos poño. Gustaríame que me deixarades un comentario cada un e se podedes, avisar ós demais para que vean o blogue e me escriban. Quero saber de vos!

Estou por aqui por se precisades algo, ánimo e a por esta semana!
Unha aperta moi grande da vosa profe que xa vos bota de menos!!
Sara.