miércoles, 3 de junio de 2020

MISTERIOS DO UNIVERSO

Moi bos días clase! 



Para traballar hoxe é importante que repasedes o tema 1 de Ciencias Sociais, do Universo por seagunha cousa se vos olvidou....de todos os xeitos, intentade facer as actividades sen ver para comprobar se vos acordábades ou non.
Imos ao lío!!

1º ACTIVIDAD: ELEMENTOS DO UNIVERSO




2º ACTIVIDAD: MISTERIOS

Nesta actividade traballaremos nun "corcho" interactivo no que todos e todas escribiremos informacións interesantes sobre o Universo.

A actividade é sinxela, deberedes pinchar no seguinte enlace e a dereita vedes que teñes notas de cores. Colledes unha (a que máis vos guste) e escribides nela. Deberedes poñer:
-Arriba de todo o título da curiosidade ou misterio que atopastedes
-Resumir a información que atopastedes sobre iso
-Poñer o voso nome ao final en MAYÚSCULAS
-Dádeslle a "post"


Para buscar información sobre os misterios do universo deixovos aquí o enlace a páxina da NASA que xa empregamos en clase. Buscade e escollede o misterio ou curiosidade que máis vos guste!


3º ACTIVIDAD: CREAMOS A NOSA NEBULOSA


Mandádeme fotos a ver o chula que vos quedou!!

_________________________________________________________________________
HOXE TENDES MÚSICA, ASÍ QUE VOS DEIXO O ENLACE:
BLOGUE DE MÚSICA
(non vos esquezades de mandarlle as actividades a profe Sandra)

Feliz día!!