jueves, 21 de mayo de 2020

PLANTAS

Ola clase!
Espero que esteades todos e todas ben!
Hoxe imos traballar un pouco coas plantas. Acordádesvos das nosas plantiñas de clase? Pobres, deben estar alucinando con tanto silencio jeje

1º ACTIVIDADE: REPASO XERAL
Para recordar un pouco o que era e como "funcionan" as plantas, imos traballar con esta ficha (poñédelle o nome): 



2º ACTIVIDADE: TIME LAPSE DAS PLANTAS
Este está feito cunha técnica fotográfica chamada "time lapse" que consiste en capturar todas as imaxes que suceden nun periodo de tempo e reproducilas a cámara rápida. Normalmente, estos movementos son imperceptibles polo ollo humán polo que o time lapse é una ocasión perfecta para poder disfrutar da beleza da natureza.
Fixádevos no vídeo e contesta as preguntas.





ACTIVIDADE: AS PLANTAS DE MARTA

_____________________________________________________________________________ 


HOXE É XOVES ASÍ QUE DÉIXOVOS POR AQUÍ O ENLACE AO BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA PAR QUE FAGADES A CLASE:
________________________________________________________________________________
Acordádevos que as mestras estamos valorando positivamente os vosos traballos e, pos suposto repercutirán na nota deste 3º trimestre. No caso das mestras especialistas de inglés, música e educación física tamén necesitan ver como facedes as tarefas para valoralas, así que non vos esquezades de mandarlle fotos, vídeos ou o que vos pidan aos seus correos. Se tendes problemas para enviarlles vídeos poñédevos en contacto conmigo ou coa mestra da área correspondete, pero é importante ter constancia de que están facendo as tarefas (ademais do importante aporte a súa educación e desenvolvemento motor e cognitivo por parte DE TODAS AS MATERIAS)