lunes, 23 de marzo de 2020

UN POUQUIÑO DE CIENCIAS

Olaa todos e todas!
Como xa sabedes, esta situación vaise alargar un pouquiño máis pero temos que ser positivos e positivas, lavar moito as mans, coidarnos e coidar da nosa familia e non sair da casa! Sede responsables!

É moi importante manterse activos así que vos preparei un material para que repasedes as últimas cousiñas que estivemos vendo en ciencias.

CIENCIAS SOCIAIS


Por un lado deixovos uns xogos para repasar os climas de España ao que podedes acceder pulsando neste enlace.

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-sociales/geografia/mapa-climas-espana
https://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/los-climas-de-espana#.Wqg49OjOVPY
http://centros3.pntic.mec.es/cp.antonio.de.ulloa/webactivhotpot/raiz/Hot%20Pot/CONO/clima/climas.htm

Esta é una páxina moi chula para repasar, investigar as curiosidades de cada clima e facer actividades diferentes.
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/primaria/conocimiento/climas/htm/ejercicios/pagina3.htm

Por outro lado deixovos estas fichas de actividades. Podedes imprimilas e facelas cubrindoas ou ben, podedes escribir as solucións na libreta dos deberes poñendo de título "Un pouquiño de ciencias ficha 1". O climograma igual, se non o podedes imprimir, facelo la libreta.





CIENCIAS NATURAIS


Para repasar os ósos e os músculos propóñovos varias cousiñas.

1) Cancións dos ósos:

2) Cancións dos músculos


3) Manualidade do ESQUELETO HUMÁN (para deixar voar a imaxinación, repasar e pasar un rato diferente)


4) UNHA ACTIVIDADE DE REFLEXIÓN

O tempo dunha persoa é algo moi valioso, é algo que nunca máis se recupera, por iso é moi importante saber se o estamos invertindo ben. Propóñovos esta actividade de reflexión onde é fundamental que sexades sinceros e sinceras e reflexionedes sobre se é así como queredes invertir o voso tempo

Espero que vaiades facendo as cousas que vos poño. Gustaríame que me deixarades un comentario cada un e se podedes, avisar ós demais para que vean o blogue e me escriban. Quero saber de vos!

Estou por aqui por se precisades algo, ánimo e a por esta semana!
Unha aperta moi grande da vosa profe que xa vos bota de menos!!
Sara.