martes, 28 de abril de 2020

XORNALISTAS

Bos días clase! 
Hoxe traballaremos Lingua Galega e en concreto a redacción de feitos, o resumo, a escritura e un pouco de vocabulario a partir do xénero e o número converténdonos en XORNALISTAS.

Antes de nada é importante recordar as partes que ten un xornal:

ACTIVIDADES




Poderedes escribir noticias graciosas, sorprendentes, fantásticas... o que se vos ocorra!
Ao rematar deberedes subliñar  e anotar 5 plabras que estean en masculino e 5 que estean en femenino e escribir ao seu carón como sería esa palabra no xénero contrario.


3º PERIODISTAS EN ACCIÓN: BUSCA O ERRO

Recordades que os nomes podían ter dúas formas: masculino e feminino. Para iso, é moi importante a colocación dos artigos correctamente, pois se un nome é masculino o artigo que o acompaña tamén o será e o mesmo co feminino. 
Sabendo isto, e tendo en conta as paxinas 74 e 75 debedes convertirvos en xornalistas investigadores e localizar os erros e correxilos nestes dous exercicios:

3a) TEXTO ENGANOSO

Lede con atención o texto seguinte. Marcade onde están os erros e por último, escribídeo correctamente.

O mestra levounos a ver un obra de teatro. Fomos en autobús e a condutor deixounos na porta. Todas os rapaces estabamos moi ilusionados. Cando levantaron a pano, apareceron unha actor que facía de raíña, outro que facía do seu irmán e outro que era unha home malvada. Rifaban todos por unhas animais que tiñan poderes máxicos: un cabra, dúas cabalos.
Ao final, chamaron polo xornalistas para que resolvesen a problema.



3b) CONTRARIOS EN XÉNERO E NÚMERO

Lede cada palabra da columna de abaixo e  escibidea no xénero e número OPOSTO. 
Por exemplo: mestre -> É unha palabra en masculino singular.  O seu contrario completo sería mestras: femenino e plural
  
CLÁSICO
CANS
TORO
ALDEÁN
PONTEVEDRESA
ALCALDE
XUÍZA
RAPACES
REI
HOME
IRMÁN
AMIGOS
PAI
LISTO

Mandádeme foto de todo e cando teña os xornais farei unha publicación para que vexades o traballo dos demáis.


________________________________________________________________________________

HOXE VOS TOCA INGLÉS, ASÍ QUE VOS DEIXO O ENLACE AO BLOGUE:

 BLOGUE DE INGLÉS

POR CERTO! A MESTRA LUCÍA DEIXOUVOS UNHA SORPRESA, IDE VELA!!

BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA

Seguide traballando!!
Unha aperta moi grande.