Bos días clase!
Hoxe traballaremos Lingua Galega e en concreto a redacción de feitos, o resumo, a escritura e un pouco de vocabulario a partir do xénero e o número converténdonos en XORNALISTAS.
Antes de nada é importante recordar as partes que ten un xornal:
ACTIVIDADES
Poderedes escribir noticias graciosas, sorprendentes, fantásticas... o que se vos ocorra!
Ao rematar deberedes subliñar e anotar 5 plabras que estean en masculino e 5 que estean en femenino e escribir ao seu carón como sería esa palabra no xénero contrario.
3º PERIODISTAS EN ACCIÓN: BUSCA O ERRO
Recordades que os nomes podían ter dúas formas: masculino e feminino. Para iso, é moi importante a colocación dos artigos correctamente, pois se un nome é masculino o artigo que o acompaña tamén o será e o mesmo co feminino.
Sabendo isto, e tendo en conta as paxinas 74 e 75 debedes convertirvos en xornalistas investigadores e localizar os erros e correxilos nestes dous exercicios:
3a) TEXTO ENGANOSO
Lede con atención o texto seguinte. Marcade onde están os erros e por último, escribídeo correctamente.
O mestra levounos a ver un obra de teatro. Fomos en autobús e a condutor deixounos na porta. Todas os rapaces estabamos moi ilusionados. Cando levantaron a pano, apareceron unha actor que facía de raíña, outro que facía do seu irmán e outro que era unha home malvada. Rifaban todos por unhas animais que tiñan poderes máxicos: un cabra, dúas cabalos.
Ao final, chamaron polo xornalistas para que resolvesen a problema.
3b) CONTRARIOS EN XÉNERO E NÚMERO
Lede
cada palabra da columna de abaixo e escibidea no xénero e número OPOSTO.
Por exemplo:
mestre -> É unha palabra en masculino singular. O seu contrario completo sería mestras: femenino e plural
CLÁSICO
|
CANS
|
TORO
|
ALDEÁN
|
PONTEVEDRESA
|
ALCALDE
|
XUÍZA
|
RAPACES
|
REI
|
HOME
|
IRMÁN
|
AMIGOS
|
PAI
|
LISTO
|
Mandádeme foto de todo e cando teña os xornais farei unha publicación para que vexades o traballo dos demáis.
________________________________________________________________________________
HOXE VOS TOCA INGLÉS, ASÍ QUE VOS DEIXO O ENLACE AO BLOGUE:
BLOGUE DE INGLÉS
POR CERTO! A MESTRA LUCÍA DEIXOUVOS UNHA SORPRESA, IDE VELA!!
BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA
________________________________________________________________________________
HOXE VOS TOCA INGLÉS, ASÍ QUE VOS DEIXO O ENLACE AO BLOGUE:
BLOGUE DE INGLÉS
POR CERTO! A MESTRA LUCÍA DEIXOUVOS UNHA SORPRESA, IDE VELA!!
BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA
Seguide traballando!!
Unha aperta moi grande.
No hay comentarios:
Publicar un comentario