viernes, 19 de junio de 2020

CARTA

Meus queridos nenos e nenas de 5º:
Chegou o momento de despedirnos e tende por suposto que esta non era a maneira que tiña pensado para facelo.
Cando o 2 de setembro entrei na nosa clase posprimeira vez, só facía imaxinarme cantas cousas aprenderiamos xuntos nesa aula, cantas cousas bonitas faríamos, risas que compartiríamos e sobretodo preguntábame cómo seriades vos.
 Nove días despois coñecímonos e comezamos a xogar...xogamos moito e aprendimos todos os días uns dos outros e convertímonos nunha piña.
Hoxe, 8 meses despois dame unha mágoa tremenda entrar na clase e vela como se o tempo se parase: cos nosos proxectos na ventá, o esqueleto vixiando a clase, as plantas mustias, as grullas voando no teito e as vosas cadeiras baleiras...pero sempre hai que ver as cousas de forma positiva e non deixo de pensar en todo o que avanzastes cada un de vós, do que madurastes, do que evolucionastes coma equipos, coma clase... e todas as cousas novas que descubrimos xuntos.
Como dí a profe Sandra é importante pechar etapas para comezar con máis forza a seguinte e iso é o que estamos facendo hoxe.
O ano que ven non estarei aí con vós pero, tende por suposto que vos irei visitar a darvos a aperta xigante que hoxe non vos poido dar.
Espero de corazón que o pasarades ben e aprenderades que ao cole non se vai  só a aprender a sumar ou escribir...senón a aprender moitas outras cousas que non vos dades conta e que son incluso máis importantes.
Recordade que cada un de vós ten voz na vosa vida, que hai que ser empáticos, respetar as diferentes formas de querer e a forma de pensar dos demáis. Que cada un de vós é único e diferente e iso é importante, que vos sintades únicos e que non permitades que ningúen vos cambie.
Foi un reto e un orgullo tremendo ser a vosa profe, titora e como me dixestes algúns de vos, a vosa amiga. Sodes os meus primeiros doce titorizados e sempre sempre vos terei presente.
Gracias a todos e todas por ensinarme a ser mellor mestra, a aprender cada día e a demostrarme que teño a sorte de ter unha profesión preciosa.
Queda unha aperta pendente que vos darei en canto poida!!
Tendes o meu correo e cando queirades podedes escribirme, que gustarame moito saber de vós.
Gracias familias, sen a vosa axuda non sería posible.
Unha vez máis, gracias chicos e chicas. Non vos esquezades de ser únicos e boas persoas para o mundo. Ánimo con 6º e vémonos en canto poida.
Unha aperta xigante da vosa profe que vos quere moito.
Sara.





VIDEOCHAMADA E DESPEDIDA

Ola clase!
Hoxe remata o curso e como comentamos a semana pasada, teremos unha última videochamada para despedirnos as 5 (17:00h)
A faremos coma sempre, dúas opcións:

OPCIÓN A: Se tendes ordenador tendes que abrir GOOGLE CHROME e introducir o seguinte enderezo ou ben, darlle click ao enlace de abaixo:

https://eduxunta.webex.com/meet/saramiguezgonzalez

OLLO!! A plataforma diravos que instaledes a aplicación de escritorio. NON FAI FALTA, MAIS ABAIXO PON "UNASE DESDE  O NAVEGADOR"
Unha vez feito isto, deberedes poñer o voso nome e un correo electrónico para identificaros

Neste momento aparecerá un aviso para que PERMITADES usar micrófono e cámara (se non o permitides non podeermos vernos nin falar nin escoitar, por iso é importante estar atentos cansa salga isto)

E xa está, xa me veredes pola pantalla.

OPCIOÓN B: Se tendes móvil, teredes que descargar a aplicación en Google Play que se chama WEBEXMEET

Despois de instalala, dadeslle a "unirse á reunión" (non fai falta que iniciedes sesión) e escribir o número da reunión:  236 764 435

_________________________________________________________________________________
Algúns compañeiros e compañeiras do cole marchan pero non querían facelo sen darvos unha sorpresa, así que vos deixo o enlace para vela!
Moita sorte no instituto nen@s!!!


Despedímonos con música e alegría como o demostrastes nestes meses


E con moita, moita ARTE



________________________________________________________________________________
RECORDADE, VÉMONOS AS 5!

viernes, 12 de junio de 2020

REPASO FINAL LENGUA

Muy buenos días chicos y chicas....con esta llegamos a nuestra última entrada. 
Espero que os haya gustado y os lo hayáis pasado lo mejor posible jugando y  aprendiendo a la vez porque estas dos acciones siempre deben ir juntas!!

Hoy cerramos una etapa dura y rara de aprender, en la que habéis trabajado mucho y os habéis intentado superar día a día y eso, es lo verdaderamente importante.
Así que a por las últimas actividades!!

Primero de todo, calentamos el cerebro con PASAPALABRA

1º ACTIVIDAD: CLASES DE PALABRAS

2º ACTIVIDAD: DIPTONGO E HIATO

3º ACTIVIDAD: POESÍA
"El reino del Revés"



4º ACTIVIDAD: ESCRITURA CREATIVA
Como no podía ser de otra manera, acabamos escribiendo e imaginando lugares y aventuras increíbles.


5º AHORA TE TOCA A TÍ!

Ahora te toca autoevaluarte y evaluarme a mi como profe

(PODEIS PONER VUESTRO NOMBRE O SIMPLEMENTE PONER UN NÚMERO PARA HACERLA. MARCAR CON UNA "X" LA CASILLA QUE CREAIS. NO HAY RESPUESTAS CORRECTAS NI FALSAS)

AUTOEVALUACIÓN

EVALÚA Á PROFE


6º CARTA DE DESPEDIDA.
Esto se acaba y me gustaría que escribierais una carta de despedida...Recordad los mejores momentos en el cole, la clase que más os gustó, detalles que hicieron que esos meses que pasamos juntos y juntas fueron de aprender pero también de ser felices y ser una piña. Podéis escribirme en el correo si preferís que solo la lea yo o que la queréis compartir en la videollamada con el resto de compañeros y compañeras.
Yo también escribiré mi carta y os la publicaré por aquí la semana que viene  para que podáis leerla.
💗

________________________________________________________________________________
HOY TENEMOS LA ÚLTIMA ACTIVIDAD DE PLÁSTICA! PINCHAD EN EL ENLACE PARA VERLA
BLOGUE DE PLÁSTICA
_________________________________________________________________________________
RECORDAD QUE:
- EL VIERNES 19 A LAS 5 TENDREMOS LA ULTIMA VIDEOLLAMADA COMO HICIMOS LAS ANTERIORES (PONDRÉ EL NUMERO 10 MIN ANTES)
- EL DÍA 22 ALGÚN ADULTO DE VUESTRA FAMILIA TENDRÁ QUE VENIR AL COLE A RECOGER VUESTRAS COSAS Y DEVOLVER LOS LIBROS


Gracias una vez más mis chicos y chicas de 5º por vuestro esfuerzo día a día y por superaros.
Gracias familias por vuestra colaboración  y esfuerzo diario.

Un abrazo gigante
Sara



jueves, 11 de junio de 2020

REPASO FINAL NATURAIS

Moi bos días clase!! Imos con naturais, ultimo repaso!!

1º ACTIVIDADE: VERDADEIRO OU FALSO AS PLANTAS

Clasifica as afirmacións seguintes sobre as plantas en VERDEDEIRO ou FALSO

2º ACTIVIDADE: MÚSCULOS E OSOS


3º ACTIVIDADE: SERES VIVOS

Escribe se son verdadeiras ou falsas cada unha das afirmacións. No caso de quee sexan falsas, corríxeas

4º  ACTIVIDADE: UN RECUNCHO DE FORNELOS!
Recórdovos a actividade que vos propuxemos para facer entre todo o cole. Entra no enlace para refrescar a memoria: ACTIVIDADE

______________________________________________________________________________
HOXE É XOVES E TENDES A ÚLTIMA SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA:


______________________________________________________________________________
Nada máis, que teñades un bo día!
Apertas!!


miércoles, 10 de junio de 2020

REPASO FINAL SOCIAIS

Moi bos días clase! Imos a repasar sociais!



1º ACTIVIDADE: SISTEMA SOLAR

b) Escribe que dous movementos ten a Terra e cales son as súas consecuencias.

2º ACTIVIDADE: MAPAS

a) Relevo España INTERACTIVA
b) Ríos INTERACTIVA

3º ACTIVIDADE: CLIMOGRAMA

Fai na libreta o climograma como o facíamos en clase.
_________________________________________________________________________________COMO CADA MARTES, A PROFE SANDRA DE MÚSICA PREPAROUVOS UNHA ACTIVIDADE, AHÍ VOS DEIXO O LINK!


Mándovos unha aperta xigante!

martes, 9 de junio de 2020

REPASO FINAL MATES

Ola nenos e nenas! Hoxe toca repasar  mate...último empuxón!!

1º ACTIVIDAD: MEDIDA
INTERACTIVA

RECUERDA:
Tenemos medidas de LONGITUD donde la unidad principal es el METRO
Tenemos medidas de CAPACIDAD donde la unidad principal es el LITRO
Tenemos medidas de MASA donde la unidad principal es el KILO




2º ACTIVIDAD: FRACCIONES
INTERACTIVA

3º ACTIVIDAD: MÚLTIPLOS Y DIVISORES
INTERACTIVA 

4º ACTIVIDAD: INVENTAMOS UN PROBLEMA
Puedes escoger el tema que más te guste (decimales, fracciones, división, multiplicación, operaciones combinadas, medida de longitud, capacidad, masa...)
Inventate el problema y resuélvelo.
Utiliza la plantilla

PODEDES FACER AS ACTIVIDADES EN SUCIO E DESPOIS ESCRIBIR O RESULTADO NA FICHA

CANDO REMATEDES TODO, MANDÁDEME UN CORREO DICIENDO QUE XA FIXESTEDES AS FICHAS INTERACTIVAS E ASÍ EU COMPROBO QUE A NINGÚEN LLE QUEDOU NINGUNHA ATRAS!

________________________________________________________________________________

HOXE É  MARTES E TENDES A ÚLTIMA ACTIVIDADE DE INGLÉS, DÉIXOVOS O LINK!


Feliz día!!

lunes, 8 de junio de 2020

REPASO FINAL GALEGO

Bos días a todos e todas!!
Comezamos o último repaso de galego!!
Traballaremos: til diacrítico, acentuación, gramática (determinantes) e  suxeito e predicado.


1º ACTIVIDADE: TIL DIACRÍTICA


2º ACTIVIDADE: ARTIGOS E CONTRACIÓNS
INTERACTIVA

DEMOSTRATIVOS

3º ACTIVIDADE: SUXEITO E PREDICADO
a) INTERACTIVA

b) Coas tres oracións do primeiro exercicio copiaas na libreta e sinala o suexeito, preicado e núcleos de cada unha.


BO TRABALLO CLASE!!


PD: SE NON PASASTES POLA PUBLICACIÓN ANTERIOR DARLLE AO LINK PORQUE TEN INFORMACIÓN IMPORTNTE DE FIN DE CURSO, NOTAS, MATERIAL...