domingo, 7 de junio de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE ÚLTIMA SEMANA

Moi bos días clase... este curso está chegando ao seu fin e ainda que non era o final que eu tiña en mente temos que intentar velo dun xeito positivo, porque todas estas medidas son polo ben de todos e todas e sobretodo o voso.

Hoxe, luns, chegamos xa a última semana de actividades do blogue! A partir do venres 12 non subirei nada máis nin nigunha das vosas profes de inglés, música e educación física.
Sei que xa estades cansos e cansas e necesitades descansar así que imos coller "carrerilla" para chegar á meta deste curso tan diferente!
Antes de nada, quero felicitarvos polo voso esforzo e constancia. Polos vosos correos, comentarios, videochamadas e incluso as vosas felicitacións no meu aniversario. Sodes xeniais!
Sodes 12 nenos e nenas moi especiales que tiven a sorte de acompañar, ensiñar e aprender de vos. Si, eu tamén aprendín moito de vos e estou moi orgullosa diso.

Qué imos facer?
Durante esta semana faremos un repaso xeral de cada área. Como serán varias cousas as que teñades que facer e como sei que vos gusta, faremos máis actividades de tipo interactivo para que vos sexa máis doado pero tamén haberá que escribir e mandar alguha foto de actividades.
A partir da semana que ven non vos subirei nada máis.

Como serán as notas?
As notas subiranse ao Abalar móbil como fixemos no 2º trimestre.
Na columna do 3º trimestre estará baleira, non se puntuará por orde e decisión da Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ministerio de Educación. 
Seguindo e tendo en conta as instrucións das institucións citadas anteriormente, a columna da avalaición ORDINARIA será unha media dos trimestres anteriores (1º e 2º) e no que se valorará positivamente o traballo de reforzo e empliación realizado neste 3º trimestre por cada un en cada unha de vós.

Cando recollemos as nosas cousas de clase?
Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, só poderá asistir ao centro 1 adulto por alumno/alumna (os nenos e nenas non poderedes vir) a recoller o material que deixastes na aula e DEVOLVER OS MATERIAIS PRESTADOS:
Libros de texto 
Libros da Biblioteca
Mochila Viaxeira
Cartas Dixit
Esta persoa adulta deberá vir o día 22 de Xuño entre as 10 e a 1 da tarde ao cole.
Só pode vir un adulto por alumno.
Deberá vir con mascarilla, guantes e traer unha bolsa da casa para recoller o material
Deberá gardar a distancia de seguiridade de 2m coa mestra e demais familias ou personal cos que se pode atopar.
Esta persora ten que esperar o seu turno na porta do centro. Alí haberá alguén do centro lle de paso.
No caso de que estén máis persoas, porfavor, manter a distancia de seguridade.
Para o material da biblitoeca que teñades prestado (libros, películas, mochila viaxeira...) haberá unha mesa na entrada para que o deixedes alí.



Se por calquera causa o dia e o horario non lle ven ben a alguén, que se poña en contacto conmigo por correo (profesaramiguez@gmail.com) e buscaremos unha solución.

Cando nos despedimos?
Sei que temos moito que contarnos, falar, recordar momentos do curso pero este fin de curso vai ser diferente pero iso non significa que non sexa importante e especial.
Xa vos informarei de como faremos para abrir a Cápsula do Tempo e esta semana vos pedirei que creedes un avatar ....xa veredes para que!
Así a todo, o venres 19 faremos unha videochamada ás 5 da tarde como fixemos as últimas veces para xogar xuntos e pasar un rato divertido! (Se houbera algún cambio vos informaría)



Vamos, xa queda pouco e estades facendoo moi moi ben. Tedes o verán máis que merecido e non sabedes o orgullosa que estou de todos e todas vos...
Por hoxe nada máis. Calquera dúbida escribideme por correo!
Bicos e apertas virtuais e xigantes!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario