miércoles, 13 de mayo de 2020

Bichería

Bos días clase!!
Hoxe vamos facer unha pequena actividade para que teñades tempo para facer o debuxo do Proxecto de galego que faremos todo o cole e no que quero que participedes.

1º SERES VIVOS vs SERES INERTES


2º OBSERVATORIO DE BICHOS
De hoxe ata o venres deberedes anotar os bichos que veades polo redor da vosa casa. Pode ser na finca, na rúa, en árbores...
Pasados eses días deberedes escoller un deses insectos (elexide ben porque só podede escoller un!) e cubrir a ficha de "Expertos en bichería".
O fin de semana que ven colgarei os vosos informes de bichería para que veades os traballos entre todos e todas!


Podedes utilizar cores, papeis, rotus...O QUE QUEIRADES!!
Deixovos un vídeo para que coñezades un pouco máis dos insectos
________________________________________________________________________________
HOXE É MÉRCORES ASÍ QUE VOS DEIXO O ENLACE AO BLOGUE DE MÚSICA:

(Video clip feito pola profe de música con moito cariño! Aínda que da nosa clase só participamos Paula e eu, botádelle un ollo e espero ver a máis nenos e nenas de 5º participando noutros proxectos. Grazas Paula!!!!)
_________________________________________________________________________________
RECÓRDOVOS A ACTIVIDADE PARA AS LETRAS GALEGAS QUE ESTÁ EXPLICADA NETE ENLACE:
________________________________________________________________________________
RETO MÍMICA: hoxe tócalle a Anxo! A ver quen adiviña os seus sustantivos! Escribídeos en comentarios e acordadevos que na publicación de onte está o reto de Nuria!


Fantástico Anxo!!


Unha aperta moi grande!
Sara
______________________________________________________________________________