miércoles, 22 de abril de 2020

PARA AS FAMILIAS: INFORMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Estimadas familias, confirmada a realización do 3º trimestre deste curso dende a casa, polo que vos deixarei aspectos importantes sobre COMO se vai desenvolver.



  • O terceiro trimestre será de repaso, ampliación en contido básico e competencias clave do traballado na 1º e na 2º avaliación. De ser o caso de ter algunha materia suspensa poderá recuperarse co traballo que se realice neste trimestre e que cada mestre lle envíe a dito alumnado. 
  • Non se dará contido novo.
  • O traballo diario será comunicado a través do blogue de aula, polo que é importante que o alumnado entre no blogue e reenvie as tarefas  (SO AS QUE EU DIGO QUE ENVIEDES) ao correo que vos proporcionei (profesaramiguez@gmail.com).
  • Estas tarefas contarán positivamente. Farase un rexistro do voso traballo que contará  na 3º avaliación.
  • Calquera incidencia, dificultade de acceso aos blogues, correo, conexión dixital...podedes escribir ao correo do centro comunicandoo ( ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es) ou comunicarmo a min por medio do blogue ou correo para intentar solucionalo e que ninguén se quede atrás.
  • Nas tarefas que mando intento que non sexa necesario imprimir, pero nalgunhas haberá que facelo, por iso, o concello habilitou un correo para poder reenviar aqueles documentos que precisen ser impresos (rexistro@fornelos.com) no que deberedes reenviar o arquivo co voso nome e dirección e eles volo enviarán á casa.
  • Intentamos mandar actividades nas que traballen pero estén entretidos e entretidas, non se porá datas límite para as actividades (de ser no caso nalgúns cuestionarios, serán datas longas) polo que o ritmo de traballo márcano eles pero DEBEN facer as tarefas.
  • Como titora pídovos que ao longo desta semana, escribademe un correo a min (profesaramiguez@gmail.com) poñendo o voso nome e dicindo qué recursos tendes para traballar: movil, ordenador ou tablet (para teros localizados e poder organiza o traballo que imos realizar)
  • Pidovos que lles deixedes un comentario identificandovos as mestras especialistas de INGLES, EDUCACIÓN FÍSICA e MUSICA  nos seus BLOGUES. Para saber que estades conectados e que estades recibindo a información xa que hai moitos nenos e nenas das que non se sabe nada.

ORGANZACIÓN DE MATERIAS

Cada día eu subirei unha tarefa dunha materia

  • LUNS E XOVES teredes que ir ao blogue de EDUCACIÓN FÍSICA para as actividades
  • MARTES teredes que ir ao blogue de INGLÉS
  • MERCORES teredes que ir ao blogue de MUSICA
(Eu vos porei un enlace por se vos esquecedes esos días)

Calquera dúbida será atendida polo correo.
Un saúdo, Sara.

Dia da Terra

Ola ola!!
Como podedes ver no título da publicación, hoxe é o Día da Terra, pero iso non significa que só hoxe teñamos que acordarnos de coidar o noso planeta e foga, senon que o camiño faise día a día e e non somentes un día en concreto.
Con toda esta situación que estamos a vivir, as gañas de coñecer mundo e estar en contaco coa natureza aumentan, non vos pasa? Cantas gañas tendes de ir a descubrir lugares novos e descubrir sitios increíbles que agocha o mundo?
Eu persoalmete moitas!

Por iso hoxe imos falar de tres lugares diferentes, con características diferentes que os definen como o que son: ECOSISTEMAS.

A tarefa de hoxe consistirá en 2 actividades:

ACTIVIDADE 1: OS ECOSISTEMAS

Para refrescar a mente, poñovos os seguintes videos que deberedes mirar pulsando enriba deles:




A continuación, deberedes observar as diferentes imaxes que os mostro neste documento e na libreta debedes facer un informe coas cousas que se vos pide.
Para ese informe deberedes poñer: IMAXE 1 e redactar todo o que se vos pide (o mesmo coas demáis imaxes)







Podedes refrescar a mente sobre os ecosistemas no tema 3 de Naturais ou revisar os vídeos.

Recordade tamén as diferentes zonas climáticas do planeta (TEMA 4 de Ciencias Sociais)

ACTIVIDADE 2: EU COIDO A TERRA

Nunha folla deberedes escribir 10 accións coas que podemos coidar a Terra. 
En cada frecha deberedes poñer unha acción con poucas palabras E CON DEBUXOS que representen iso (como fixemos en clase coa actividade de Bella, recordades?) 
Deberá seguir esta forma:

Non fai falta imprimir nada, podedes facelo vos.


Deixar en comentarios o lugar ao que che gustaría ir proximamente e mandade os traballos feitos ao meu correo (profesaramiguez@gmail.com) para que eu saiba que os fixestedes e valorar positivamente.

Unha aperta moi grande, Sara.

NON VOS ESQUEZADES HOXE DE IR AO BLOGUE DE MUSICA PARA FACER A ACTIVIDADE QUE VOS PREPAROU A PROFE SANDRA

https://musicafornelos.blogspot.com/2020/04/5-y-6.html