martes, 17 de marzo de 2020

RETOS MATEMÁTICOS

Para entrenar a nosa mente e capacidade matemática, propóñovos uns retos matemáticos moi entretenidos.
Espero que vos gusten!
Ide poñendo  nos comentarios as solucións e ao rematar a semana direi solucións.

A por eles!!




Benvidos e benvidas

Ola chicos e chicas!

Como estades levando estos días? Son un pouco raros pero xa veredes como axiña estamos xuntos retomando os nosos proxectos.

Como iredes vendo por aquí, irei propoñendo diferentes actividades para que levedes mellor estos días.
Todo o que publicarei por aqui NON É OBRIGATORIO FACELO, pero asegúrovos que vos van gustar.

Agradecería que me deixedes algún comentario para saber que vos estades enterando da existencia do blogue e das actividades que vou subindo.
Coma sei que vos estades comunicados a través do class royale, comentádelle aos demais da clase que pasen polo blogue e deixen un comentario.

Se tendes dúbidas dos deberes que vos mandei ou queredes poñervos en contaco conmigo, este blogue será a nosa canle de contacto. Deixade comentario co voso nome que eu vos contestarei. Estarei moi pendente de vos.

Unha aperta moi grande da vosa profe Sara 😊