Mostrando entradas con la etiqueta Informacioón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Informacioón. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de junio de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE ÚLTIMA SEMANA

Moi bos días clase... este curso está chegando ao seu fin e ainda que non era o final que eu tiña en mente temos que intentar velo dun xeito positivo, porque todas estas medidas son polo ben de todos e todas e sobretodo o voso.

Hoxe, luns, chegamos xa a última semana de actividades do blogue! A partir do venres 12 non subirei nada máis nin nigunha das vosas profes de inglés, música e educación física.
Sei que xa estades cansos e cansas e necesitades descansar así que imos coller "carrerilla" para chegar á meta deste curso tan diferente!
Antes de nada, quero felicitarvos polo voso esforzo e constancia. Polos vosos correos, comentarios, videochamadas e incluso as vosas felicitacións no meu aniversario. Sodes xeniais!
Sodes 12 nenos e nenas moi especiales que tiven a sorte de acompañar, ensiñar e aprender de vos. Si, eu tamén aprendín moito de vos e estou moi orgullosa diso.

Qué imos facer?
Durante esta semana faremos un repaso xeral de cada área. Como serán varias cousas as que teñades que facer e como sei que vos gusta, faremos máis actividades de tipo interactivo para que vos sexa máis doado pero tamén haberá que escribir e mandar alguha foto de actividades.
A partir da semana que ven non vos subirei nada máis.

Como serán as notas?
As notas subiranse ao Abalar móbil como fixemos no 2º trimestre.
Na columna do 3º trimestre estará baleira, non se puntuará por orde e decisión da Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ministerio de Educación. 
Seguindo e tendo en conta as instrucións das institucións citadas anteriormente, a columna da avalaición ORDINARIA será unha media dos trimestres anteriores (1º e 2º) e no que se valorará positivamente o traballo de reforzo e empliación realizado neste 3º trimestre por cada un en cada unha de vós.

Cando recollemos as nosas cousas de clase?
Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, só poderá asistir ao centro 1 adulto por alumno/alumna (os nenos e nenas non poderedes vir) a recoller o material que deixastes na aula e DEVOLVER OS MATERIAIS PRESTADOS:
Libros de texto 
Libros da Biblioteca
Mochila Viaxeira
Cartas Dixit
Esta persoa adulta deberá vir o día 22 de Xuño entre as 10 e a 1 da tarde ao cole.
Só pode vir un adulto por alumno.
Deberá vir con mascarilla, guantes e traer unha bolsa da casa para recoller o material
Deberá gardar a distancia de seguiridade de 2m coa mestra e demais familias ou personal cos que se pode atopar.
Esta persora ten que esperar o seu turno na porta do centro. Alí haberá alguén do centro lle de paso.
No caso de que estén máis persoas, porfavor, manter a distancia de seguridade.
Para o material da biblitoeca que teñades prestado (libros, películas, mochila viaxeira...) haberá unha mesa na entrada para que o deixedes alí.



Se por calquera causa o dia e o horario non lle ven ben a alguén, que se poña en contacto conmigo por correo (profesaramiguez@gmail.com) e buscaremos unha solución.

Cando nos despedimos?
Sei que temos moito que contarnos, falar, recordar momentos do curso pero este fin de curso vai ser diferente pero iso non significa que non sexa importante e especial.
Xa vos informarei de como faremos para abrir a Cápsula do Tempo e esta semana vos pedirei que creedes un avatar ....xa veredes para que!
Así a todo, o venres 19 faremos unha videochamada ás 5 da tarde como fixemos as últimas veces para xogar xuntos e pasar un rato divertido! (Se houbera algún cambio vos informaría)



Vamos, xa queda pouco e estades facendoo moi moi ben. Tedes o verán máis que merecido e non sabedes o orgullosa que estou de todos e todas vos...
Por hoxe nada máis. Calquera dúbida escribideme por correo!
Bicos e apertas virtuais e xigantes!!


lunes, 1 de junio de 2020

NÚMERO VIDEOCHAMADA

OLA!!
AS 5 TEREMOS A 2º VIDEOCHAMADA. TENDES AS INSTRUCIÓNS DE COMO UNIROS NA PUBLICACIÓN DE HOXE.

PARA OS QUE A FACEDES CO MOVIL, O NÚMERO E ESTE:
236 764 435

PARA OS DE ORDENADOR, PREMER NO LINK

VÉMONOS AGORA!

miércoles, 27 de mayo de 2020

MAPAS

Moi bos días!!
Listos e listas para traballar un pouquiño?
Hoxe centrarémonos nos mapas!

1º ACTIVIDADE: TIPOS DE MAPA
Para esta actividade deberedes repasar primeiro as páxinas 22 e 23 de Ciencias Sociais
Fixádevos nas imaxes e cos datos que se ven a simple vista, as cores e o nome das lendas deberedes decir que TIPO DE MAPA É CADA UN.
(nos primeiros mapas sei que non se len os nomes, non é necesario, fixádevos nas cores e na forma e o que pon nas páxinas do libro)

2º ACTIVIDADE: UN MAPA PARA CADA CASO
3º ACTIVIDADE: INVESTIGAMOS

a) Qué continente preséntase nos mapas?
b) Que mares e océanos "bañan" ese continente?
c) Escolle un país desde continente (norte ou sur, o que máis que guste) e contesta as seguintes cuestións.


________________________________________________________________________________
HOXE TENDES UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA PARA FACER EN MÚSICA, DÉIXOVOS O BLOGUE!

________________________________________________________________________________
PASADE POLO BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA...TENDES UNHA SORPRESA!
________________________________________________________________________________
APROVEITO PARA RECORDARVOS QUE A VIDEOCHAMADA QUEDA APRAZADA PARA O LUNS 1 DE XUÑO ÁS 5



viernes, 22 de mayo de 2020

ÍDOLOS MUSICALES

Y llegó el viernes...!
Buenos días clase! Esta semana se ha pasado volando verdad? Venga que para ponerle un buen broche final a esta semana le vamos a dar un toque musical.


Antes de nada os hago un recordatorio que os servirá para las actividades:
-Un SUSTANTIVO es un nombre que indica una persona, animales, cosas, lugares...(casa, Pepe, manzana, Sevilla, falicidad)
-Un ADJETIVO nos dice como es el sustantivo (alto, azul, feliz...)
-Un VERBO nos indica una acción que hace el sustantivo  (ser, vivir, correr, escribir...)

1º ACTIVIDAD: GIRASOLES
Te presento uno de mis ídolos musicales favoritos (reconozco que tengo muuchos favoritos) y una de sus canciones. Lo que deberás hacer es lo siguiente:
1º Escuchala atentamente las veces que neceites pinchando en el enlace de abajo
2º Clasifica las palabras de verde en SUSTANTIVO-ADJETIVO-VERBO en la libreta
3º Despues de escucharla, de qué crees que trata la canción?


2º ACTIVIDAD: ÍDOLOS MUSICALES


_______________________________________________________________________________

RECORDADE QUE HOXE AS 5 FAREMOS UHA VIDEOCHAMADA. TENDES AS INSTRUCIÓNS NA PUBLICACIÓN DO MÉRCORES DE COMO TENDES QUE FACER.
DEIXOVOS O ENLACE PARA QUE AS MIREDES E SABAIDES COMO TENDES QUE FACER. CAMBIEI COUSAS ASÍ QUE REVISADEAS!!

INSTRUCIÓNS VIDEOCHAMADA

AS 16:30 SUBIREI NUNHA NOVA ENTRADA NESTE BLOGUE CO NÚMERO DA  VIDEOCHAMADA QUE DEBEREDES POÑER SE O FACEDES CO MOVIL

QUE GANAS!!!
_________________________________________________________________________________
HOXE É VENRES, TENDES UNHA ACTIVIDADE DE PLÁSTICA MOI CHULA E NA QUE ESPERO QUE PARTICIPEDES! EU TAMÉN O VOU FACER!
NON VOS ESQUEZADES QUE PLÁSTICA ÉTAN IMPORTANTE COMO OUTRAS MATERIAS, ASÍ QUE A TRABALLAR!
 DEIXOVOS O ENLACE:

BLOGUE DE PLÁSTICA

Vemonos prontiño!!
Sara

miércoles, 22 de abril de 2020

PARA AS FAMILIAS: INFORMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Estimadas familias, confirmada a realización do 3º trimestre deste curso dende a casa, polo que vos deixarei aspectos importantes sobre COMO se vai desenvolver.



  • O terceiro trimestre será de repaso, ampliación en contido básico e competencias clave do traballado na 1º e na 2º avaliación. De ser o caso de ter algunha materia suspensa poderá recuperarse co traballo que se realice neste trimestre e que cada mestre lle envíe a dito alumnado. 
  • Non se dará contido novo.
  • O traballo diario será comunicado a través do blogue de aula, polo que é importante que o alumnado entre no blogue e reenvie as tarefas  (SO AS QUE EU DIGO QUE ENVIEDES) ao correo que vos proporcionei (profesaramiguez@gmail.com).
  • Estas tarefas contarán positivamente. Farase un rexistro do voso traballo que contará  na 3º avaliación.
  • Calquera incidencia, dificultade de acceso aos blogues, correo, conexión dixital...podedes escribir ao correo do centro comunicandoo ( ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es) ou comunicarmo a min por medio do blogue ou correo para intentar solucionalo e que ninguén se quede atrás.
  • Nas tarefas que mando intento que non sexa necesario imprimir, pero nalgunhas haberá que facelo, por iso, o concello habilitou un correo para poder reenviar aqueles documentos que precisen ser impresos (rexistro@fornelos.com) no que deberedes reenviar o arquivo co voso nome e dirección e eles volo enviarán á casa.
  • Intentamos mandar actividades nas que traballen pero estén entretidos e entretidas, non se porá datas límite para as actividades (de ser no caso nalgúns cuestionarios, serán datas longas) polo que o ritmo de traballo márcano eles pero DEBEN facer as tarefas.
  • Como titora pídovos que ao longo desta semana, escribademe un correo a min (profesaramiguez@gmail.com) poñendo o voso nome e dicindo qué recursos tendes para traballar: movil, ordenador ou tablet (para teros localizados e poder organiza o traballo que imos realizar)
  • Pidovos que lles deixedes un comentario identificandovos as mestras especialistas de INGLES, EDUCACIÓN FÍSICA e MUSICA  nos seus BLOGUES. Para saber que estades conectados e que estades recibindo a información xa que hai moitos nenos e nenas das que non se sabe nada.

ORGANZACIÓN DE MATERIAS

Cada día eu subirei unha tarefa dunha materia

  • LUNS E XOVES teredes que ir ao blogue de EDUCACIÓN FÍSICA para as actividades
  • MARTES teredes que ir ao blogue de INGLÉS
  • MERCORES teredes que ir ao blogue de MUSICA
(Eu vos porei un enlace por se vos esquecedes esos días)

Calquera dúbida será atendida polo correo.
Un saúdo, Sara.

martes, 14 de abril de 2020

ARRANCAMOS!

Ola a todos e todas, familias e aos meu chicos e chicas de 5º!
A pesar de que foron un pouco raras, espero que estas vacacións servíranvos para coller forzas e  gañas para superar esta situación tan excepcional.
Os mestres e as mestras estamos á espera de que a Consellería e o Ministerio de Educación nos diga como vamos a afrontar este 3º trimestre. Mentres non se reúnan o día 15 e nos informen, seguiremos traballando contidos de repaso.

Así que preparádevos que vamos a repasar pero a pasalo ben, como adoitamos facer!
Unha aperta enooooooooorme!
Sara.


viernes, 3 de abril de 2020

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE


CARTA PARA O ALUMNADO DE 5º

Hoxe chegaranvos as notas do 2º trimestre. Quero dicirvos que estou moi orgullosa de todas e todos vós. En xeral mellorastes e mantivéstesvos nunhas notas moi boas, así que os meus parabéns para todos e todas!

Doutra banda, gustaríame que vos parásedes a ver a observación que vos deixei a cada un e cada unha de vós, que o leades e quedédesvos con iso.
De todos os xeitos, sabedes que para min, a nota non é o máis importante, senón o traballo que fixestes día a día, a vosa madurez e o voso compañeirismo, que foi aumentado día a día e non sabedes o orgullosa que me fai estar de vós.
Foi un trimestre raro a verdade, co que nos quedamos con ganas de facer moitas cosas pero, farei todo o posible para que, aínda que esteamos cada un na nosa casa, sigádesvolo pasando ben e aprendendo día a día.
Pero agora tócanos facer un esforzo e seguir actuando como EQUIPO, quedándonos na casa e deixando que todo isto se vaia solucionando.
Agora disfrutade da vosa familia, xogar e non deixedes de aprender algo novo cada día.
Sodes uns campións e campionas por estar aguantando tan ben esta situación de que estou segura de que, cando todo isto pase, pararémonos a pensar e chegaremos á conclusión de que todos e todas aprendemos algo neste tempo e valoraremos moito máis a nosa rutina e pequenas cousas ás que antes igual non dabamos importancia.
Seguimos en contacto polo correo (profesaramiguez@gmail.com) ou nos comentarios deste blogue.

PD: Lembrade o que decimos sempre:

"Os erros non son fracasos, son sinais de que estamos a aprender"

Un abrazo mooi forte da vosa profe.

Sara.

CARTA PARA AS FAMILIAS DE 5º

Estimadas familias, como lles comentei, hoxe chegaranvos as notas por Abalarmóbil.
Non foi o final de trimestre que tiñamos pensado, pero aínda así creo conveniente comentarvos que non foi un trimestre perdido xa que evolucionaron moito académica e persoalmente e fixeron un gran esforzo tanto no cole como todos estes días de confinamento, polo que creo, merecen unha gran felicitación. 

Sabedes o que fixemos?
-Avanzamos moito na escritura, autonomía e resolución de problemas. 
-Aprendemos máis sobre o traballo en equipo e puxérono en práctica día a día.
-Adquirimos moitos valores como respeto, empatía, tolerancia, compañerismo, autoestima...
-Desenvolvimos máis capacidade para a expresión oral en exposicións, debates... 
-Adquirimos novos conceptos matemáticos e cómo levalos á práctica no noso día a día. 
-Experimentamos e vivimos a ciencia en primeira persoa.
-E xogamos. Xogamos moito mentres aprendiamos todo isto e tamén rimos, porque a risa, o xogo e a aprendizaxe sempre deberán ir unido.

Agora tócalles descansar un pouco, pero en casa. Aproveitade para estar xuntos e disfrutar moito deles pois agora iso é o máis importante. Pola miña parte, se tedes algunha consulta, deixo o meu correo para poder comunicarnos:

profesaramiguez@gmail.com

Un abrazo a todos e todas e a coidarse moito!!