CARTA PARA O ALUMNADO DE 5º
Hoxe chegaranvos as notas do 2º trimestre. Quero
dicirvos que estou moi orgullosa de todas e todos vós. En xeral mellorastes e
mantivéstesvos nunhas notas moi boas, así que os meus parabéns para todos e
todas!
Doutra banda, gustaríame que vos parásedes a ver a
observación que vos deixei a cada un e cada unha de vós, que o leades e
quedédesvos con iso.
De todos os xeitos, sabedes que para min, a nota non é
o máis importante, senón o traballo que fixestes día a día, a vosa madurez e o
voso compañeirismo, que foi aumentado día a día e non sabedes o orgullosa que
me fai estar de vós.
Foi un trimestre raro a verdade, co que nos quedamos
con ganas de facer moitas cosas pero, farei todo o posible para que, aínda que
esteamos cada un na nosa casa, sigádesvolo pasando ben e aprendendo día a día.
Pero agora tócanos facer un esforzo e seguir actuando
como EQUIPO, quedándonos na casa e deixando que todo isto se vaia solucionando.
Agora disfrutade da vosa familia, xogar e non deixedes
de aprender algo novo cada día.
Sodes uns campións e campionas por estar aguantando
tan ben esta situación de que estou segura de que, cando todo isto pase,
pararémonos a pensar e chegaremos á conclusión de que todos e todas aprendemos
algo neste tempo e valoraremos moito máis a nosa rutina e pequenas cousas ás
que antes igual non dabamos importancia.
Seguimos en contacto polo correo
(profesaramiguez@gmail.com) ou nos comentarios deste blogue.
PD: Lembrade o que decimos sempre:
"Os erros non son
fracasos, son sinais de que estamos a aprender"
Un abrazo mooi forte da vosa profe.
Sara.
CARTA PARA AS FAMILIAS DE 5º
Estimadas familias, como lles comentei, hoxe
chegaranvos as notas por Abalarmóbil.
Non foi o final de trimestre que tiñamos pensado, pero
aínda así creo conveniente comentarvos que non foi un trimestre perdido
xa que evolucionaron moito académica e persoalmente e fixeron un gran esforzo
tanto no cole como todos estes días de confinamento, polo que creo, merecen
unha gran felicitación.
Sabedes o que fixemos?
-Avanzamos moito na escritura, autonomía e resolución
de problemas.
-Aprendemos máis sobre o traballo en equipo e puxérono en
práctica día a día.
-Adquirimos moitos valores como respeto, empatía,
tolerancia, compañerismo, autoestima...
-Desenvolvimos máis capacidade para a expresión oral
en exposicións, debates...
-Adquirimos novos conceptos matemáticos e cómo
levalos á práctica no noso día a día.
-Experimentamos e vivimos a ciencia en
primeira persoa.
-E xogamos. Xogamos moito mentres aprendiamos todo
isto e tamén rimos, porque a risa, o xogo e a aprendizaxe sempre deberán ir
unido.
Agora tócalles descansar un pouco, pero en casa.
Aproveitade para estar xuntos e disfrutar moito deles pois agora iso é o máis
importante. Pola miña parte, se tedes algunha consulta, deixo o meu correo para
poder comunicarnos:
profesaramiguez@gmail.com
Un abrazo a todos e todas e a
coidarse moito!!
Gracias a ti Sara por tu ayuda con los niños evolucionaron muchísimo.
ResponderEliminarTu forma de enseñarlos me parece muy buena. Gracias. Un saludo
Gracias por tus palabras Inés, está siendo un aprendizaje recíproco.
ResponderEliminarUn abrazo para las 3!