Hoxe traballaremos un pouquiño cos planos, co noso sentido da orientación e coma sempre, coa nosa imaxinación.
Pero antes de poñernos ao lío quero darvos unha sorpresa. Este venres ás 5 faremos unha videochamada para poder vernos un pouquiño despois de tanto tempo.
Explícovos como o faremos:
OPCIÓN A: Se tendes ordenador tendes que abrir GOOGLE CHROME e introducir o seguinte enderezo ou ben, darlle click ao enlace de abaixo:
https://eduxunta.webex.com/meet/saramiguezgonzalez
OLLO!! A plataforma diravos que instaledes a aplicación de escritorio. NON FAI FALTA, MAIS ABAIXO PON "UNASE DESDE O NAVEGADOR"
Unha vez feito isto, deberedes poñer o voso nome e un correo electrónico para identificaros
Neste momento aparecerá un aviso para que PERMITADES usar micrófono e cámara (se non o permitides non podeermos vernos nin falar nin escoitar, por iso é importante estar atentos cansa salga isto)
E xa está, xa me veredes pola pantalla.
http://eduxunta.webex.com/meet/usuario
OPCIOÓN B: Se tendes móvil, teredes que descargar a aplicación en Google Play que se chama WEBEXMEET
Despois de instalala, dadeslle a "unirse á reunión" (non fai falta que iniciedes sesión) e escribir o número da reunión que porei NUNHA NOVA ENTRADA DO BLOGUE MEDIA HORA ANTES DA REUNIÓN (16:30).
Deberedes permitir o uso da cámara e micrófono para vernos, escoitar e falar.
E xa está!
Despois disto, déixovos coa actividade de hoxe. Nesta ctividade deberedes copiar os enunciados de cada pregunta para saber a qué estades respondendo.
A traballar!!
A traballar!!
_________________________________________________________________________________
HOXE É MÉRCORES E VOS TOCA MÚSICA, ASÍ QUE POR AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE AO BLOGUE:
Mándovos unha aperta xigante!
Sara
hola profe que tal? podes pasarme a imaxe do plano mellor enfocada por privado
ResponderEliminargracias
HOLA PROFE SON ROI, NON PUIDEN COMPLETAR O EXERCICIO DO PLANO PORQUE O PLANO NON SE APRECIABA BEN. PODRIASME PASAR UNHA IMAXA AO CORREO DA MIÑA NAI?
ResponderEliminar