Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Sociais. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2020

REPASO FINAL SOCIAIS

Moi bos días clase! Imos a repasar sociais!



1º ACTIVIDADE: SISTEMA SOLAR

b) Escribe que dous movementos ten a Terra e cales son as súas consecuencias.

2º ACTIVIDADE: MAPAS

a) Relevo España INTERACTIVA
b) Ríos INTERACTIVA

3º ACTIVIDADE: CLIMOGRAMA

Fai na libreta o climograma como o facíamos en clase.
_________________________________________________________________________________COMO CADA MARTES, A PROFE SANDRA DE MÚSICA PREPAROUVOS UNHA ACTIVIDADE, AHÍ VOS DEIXO O LINK!


Mándovos unha aperta xigante!

jueves, 4 de junio de 2020

A NOSA TERRA

Bos días clase!
Algunha vez parástevos a pensar no increíble que é a nosa natureza e o noso planeta? 
Unha mágoa que algunhas persoas non o fagan e a cuiden tan mal...
Hoxe nós, profundizaremos en 2 temas moi importantes: A BIODIVERSIDADE E O RECICLAXE


Preparados? Pois imos alá!

1º ACTIVIDAD: SER VIVO, ONDE VIVES?

Fixate na imaxe seguinte e escribe unha "ficha informativa" para cada animal que ves na imaxe (ver exemplo na páx 13 de Ciencias Naturais) no que inclúa: 
reino (moneras, protoctistas, fungos, plantas e enimais), clase (mamíferos, reptiles, aves, anfibios e peixes) , orde(según a súa alimentación: carnívoros, omnívoros e herbívoros) orde segundo a súa reprodución (ovovivíparos , ovíparos e vivíparos) especie e tipo de ecosistema no que vive (xustifica a túa resposta na elección do ecosistema).

Podedes ter en conta o seguinte esquema




2º ACTIVIDAD: RECICLAXE ACTIVO

Sabes reciclar? Credes que o facemos ben? Mirade este vídeo con atención:



Fai un cartel na libreta no que aparezcan os contenedores do lixo e os elementos que sí podemos reciclar en cada un deles. Fainos bonitos e anima a túa familia a reciclar na casa! Eses carteis poden ser unha boa axuda para poñer enriba dos contenedores ou bolsas e que ningúen se confunda.

A reciclar!


3º ACTIVIDAD: CANTO TEMPO...

Fíxate nos elementos que aparecen na fotografía e reflexiona no seguinte:


a) De qué material está feito principalmente cada un?
b) Tendo en conta a actividade dos contenedores anterior, debuxa na túa libreta os contenedores do lixo e "recicla" os elementos da foto
c) Escribe polo menos 5 consecuencias negativas de non reciclar e 5 consecuencias positivas de reciclar.


PD: Onte houbo un problema coa actividade do CORCHO. Agora xa debería ir. Probade a escribilo e se tendes problemas escribídeme un correo. 
 ______________________________________________________________________________

HOXE É XOVES E TENDES EDUCACIÓN FISICA, PINCHADE NO ENLACE PARA VER AS ACTIVIDADES DE HOXE!


miércoles, 3 de junio de 2020

MISTERIOS DO UNIVERSO

Moi bos días clase! 



Para traballar hoxe é importante que repasedes o tema 1 de Ciencias Sociais, do Universo por seagunha cousa se vos olvidou....de todos os xeitos, intentade facer as actividades sen ver para comprobar se vos acordábades ou non.
Imos ao lío!!

1º ACTIVIDAD: ELEMENTOS DO UNIVERSO




2º ACTIVIDAD: MISTERIOS

Nesta actividade traballaremos nun "corcho" interactivo no que todos e todas escribiremos informacións interesantes sobre o Universo.

A actividade é sinxela, deberedes pinchar no seguinte enlace e a dereita vedes que teñes notas de cores. Colledes unha (a que máis vos guste) e escribides nela. Deberedes poñer:
-Arriba de todo o título da curiosidade ou misterio que atopastedes
-Resumir a información que atopastedes sobre iso
-Poñer o voso nome ao final en MAYÚSCULAS
-Dádeslle a "post"


Para buscar información sobre os misterios do universo deixovos aquí o enlace a páxina da NASA que xa empregamos en clase. Buscade e escollede o misterio ou curiosidade que máis vos guste!


3º ACTIVIDAD: CREAMOS A NOSA NEBULOSA


Mandádeme fotos a ver o chula que vos quedou!!

_________________________________________________________________________
HOXE TENDES MÚSICA, ASÍ QUE VOS DEIXO O ENLACE:
BLOGUE DE MÚSICA
(non vos esquezades de mandarlle as actividades a profe Sandra)

Feliz día!!

martes, 2 de junio de 2020

O LABORATORIO RUSO

Bos días clase!
Como hoxe é un día especial,  vouvos presnetar unha historia moi especial. 
Se vos acordades da historia de Susana que tiñades que descifrar algúns datos, a forma de ler esta historia vos será moi parecida.

Lede con atención e facede as contas necesarias para que teña sentido.
Ao rematar deberedes facer as actividades que aquí se vos mostran.
A por elas!!

Antes de nada, déixovos esta foto aclarativa dos VERBOS

ACTIVIDADES


_________________________________________________________________________________
HOXE TENDES ACTIVIDADES DE INGLÉS PINCHANDO NESTE ENLACE:

Unha aperta!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

MAPAS

Moi bos días!!
Listos e listas para traballar un pouquiño?
Hoxe centrarémonos nos mapas!

1º ACTIVIDADE: TIPOS DE MAPA
Para esta actividade deberedes repasar primeiro as páxinas 22 e 23 de Ciencias Sociais
Fixádevos nas imaxes e cos datos que se ven a simple vista, as cores e o nome das lendas deberedes decir que TIPO DE MAPA É CADA UN.
(nos primeiros mapas sei que non se len os nomes, non é necesario, fixádevos nas cores e na forma e o que pon nas páxinas do libro)

2º ACTIVIDADE: UN MAPA PARA CADA CASO
3º ACTIVIDADE: INVESTIGAMOS

a) Qué continente preséntase nos mapas?
b) Que mares e océanos "bañan" ese continente?
c) Escolle un país desde continente (norte ou sur, o que máis que guste) e contesta as seguintes cuestións.


________________________________________________________________________________
HOXE TENDES UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA PARA FACER EN MÚSICA, DÉIXOVOS O BLOGUE!

________________________________________________________________________________
PASADE POLO BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA...TENDES UNHA SORPRESA!
________________________________________________________________________________
APROVEITO PARA RECORDARVOS QUE A VIDEOCHAMADA QUEDA APRAZADA PARA O LUNS 1 DE XUÑO ÁS 5



miércoles, 20 de mayo de 2020

PLANOS E ORIENTACIÓN

Moi bos días chic@s! Como ides levando esta semana? Parece que o verán está ahí cerquiña!

Hoxe traballaremos un pouquiño cos planos, co noso sentido da orientación e coma sempre, coa nosa imaxinación.

Pero antes de poñernos ao lío quero darvos unha sorpresa. Este venres ás 5 faremos unha videochamada para poder vernos un pouquiño despois de tanto tempo.
Explícovos como o faremos:

OPCIÓN A: Se tendes ordenador tendes que abrir GOOGLE CHROME e introducir o seguinte enderezo ou ben, darlle click ao enlace de abaixo:

https://eduxunta.webex.com/meet/saramiguezgonzalez


OLLO!! A plataforma diravos que instaledes a aplicación de escritorio. NON FAI FALTA, MAIS ABAIXO PON "UNASE DESDE  O NAVEGADOR"
Unha vez feito isto, deberedes poñer o voso nome e un correo electrónico para identificaros

Neste momento aparecerá un aviso para que PERMITADES usar micrófono e cámara (se non o permitides non podeermos vernos nin falar nin escoitar, por iso é importante estar atentos cansa salga isto)

E xa está, xa me veredes pola pantalla.

http://eduxunta.webex.com/meet/usuario


OPCIOÓN B: Se tendes móvil, teredes que descargar a aplicación en Google Play que se chama WEBEXMEET

Despois de instalala, dadeslle a "unirse á reunión" (non fai falta que iniciedes sesión) e escribir o número da reunión  que porei NUNHA NOVA ENTRADA DO BLOGUE MEDIA HORA ANTES DA REUNIÓN (16:30).

Deberedes permitir o uso da cámara e micrófono para vernos, escoitar e falar.
E xa está!


Despois disto, déixovos coa actividade de hoxe. Nesta ctividade deberedes copiar os enunciados de cada pregunta para saber a qué estades respondendo.
 A traballar!!



_________________________________________________________________________________
HOXE É MÉRCORES E VOS TOCA MÚSICA, ASÍ QUE POR AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE AO BLOGUE:

Mándovos unha aperta xigante!
Sara

martes, 5 de mayo de 2020

Costas, ríos e vertentes

Bos días!!
Quén ten ganas de ir ó rio ou a praia? Xa queda menos para iso, e para facer esta espera máis amena hoxe faremos un percorrido especial.

1º ACTIVIDADE: ADIVIÑA ONDE.
Despois de ler cada descripción deberedes identificar e completar a táboa
 (ler  primeiro a páxina 40 y 41 de Ciencias Sociais e logo facer  a táboa)




2º ACTIVIDADE: RIOS



3º ACTIVIDADE: APADRIÑA UN RÍO.


4º ACTIVIDADE: FAVORITOS

Deixade en cometarios:
-2 praias praia ou río favoritos no que estivestedes 
-Que praia ou rio queredes coñecer 

Comezo eu.: A miña praia favorita é Tulla (está en Cabo Udra , Bueu) e Nerga (en Cangas) aínda que a máis rara á que fun é a praia de Gulpiyuri en Asturias (convídovos a que busquedes unha foto dela)
A praia que me gustaría coñecer é a a de Stockness en Islandia pola súa area negra e as montañas que a rodean.
É O VOSO TURNO!!
_________________________________________________________________________________
HOXE TENDES INGLÉS, ASÍ QUE DÉIXOVOS POR AQUÍ O ENLACE AO BLOGUE PARA QUE FAGADES AS ACTIVIDADES:

_________________________________________________________________________________

ADEMAIS, TENDES UNHA SORPRESA DE CHIMPALIBROS NO BLOGUE DA  BIBLIOTECA

________________________________________________________________________________
RECORDADE QUE MAÑÁN É O ÚLTIMO DÍA PARA O VÍDEO DE MÚSICA!!

Unha aperta enorme!!
Sara

miércoles, 29 de abril de 2020

DENDE A MIÑA VENTÁ

BOS DÍAS CLASE!
Non sei se vos decastes da inmensa sorte que temos por vivir onde vivimos, e é que se saimos pola nosa ventá podemos observar paisaxes increíbles.
Hoxe faremos unha viaxe a eses paisaxes que vedes dende a vosa fiestra para compartilo entre todos e todas.
Imos aló!

1º TAREFA: DENDE A MIÑA VENTÁ

Antes de nada é importante refrescar a memoria, polo que vos deixo uns vídeos:
Paisaxe
Paisaxe: esquema

Despois de velos, facemos a actividade e debedes reenviala ao meu correo


(Para poder responder todo é importante ver os vídeos, pero se tendes dúbidas escribideme ao correo)

2º TAREFA: RELEVO DE ESPAÑA

Repasamos co seguinte xogo:     XOGO RELEVO
(Deberedes poñer o voso nome)

Repasamos os elementos do relevoElementos do relevo
(importante poñer o voso nome, e darlle a "Terminado" para que me reenvie as vosas respostas e vos poderedes ver os erros e acertos)


3º TAREFA: RELEVO DE GALICIA

Calcamos o mapa de Galicia na libreta e deberedes localizar os seguintes elementos do relevo galego do enlace:


(enviar ao meu correo unha foto)

________________________________________________________________________________

HOXE É MÉRCORES E POLO TANTO A PROFE SANDRA DE MÚSICA DEIXOUVOS UNHA ACTIVIDADE NO SU BLOGUE. DEIXOVOS O SEU ENLACE:

BLOGUE DE MÚSICA

A traballar!!

Sara

miércoles, 22 de abril de 2020

Dia da Terra

Ola ola!!
Como podedes ver no título da publicación, hoxe é o Día da Terra, pero iso non significa que só hoxe teñamos que acordarnos de coidar o noso planeta e foga, senon que o camiño faise día a día e e non somentes un día en concreto.
Con toda esta situación que estamos a vivir, as gañas de coñecer mundo e estar en contaco coa natureza aumentan, non vos pasa? Cantas gañas tendes de ir a descubrir lugares novos e descubrir sitios increíbles que agocha o mundo?
Eu persoalmete moitas!

Por iso hoxe imos falar de tres lugares diferentes, con características diferentes que os definen como o que son: ECOSISTEMAS.

A tarefa de hoxe consistirá en 2 actividades:

ACTIVIDADE 1: OS ECOSISTEMAS

Para refrescar a mente, poñovos os seguintes videos que deberedes mirar pulsando enriba deles:




A continuación, deberedes observar as diferentes imaxes que os mostro neste documento e na libreta debedes facer un informe coas cousas que se vos pide.
Para ese informe deberedes poñer: IMAXE 1 e redactar todo o que se vos pide (o mesmo coas demáis imaxes)







Podedes refrescar a mente sobre os ecosistemas no tema 3 de Naturais ou revisar os vídeos.

Recordade tamén as diferentes zonas climáticas do planeta (TEMA 4 de Ciencias Sociais)

ACTIVIDADE 2: EU COIDO A TERRA

Nunha folla deberedes escribir 10 accións coas que podemos coidar a Terra. 
En cada frecha deberedes poñer unha acción con poucas palabras E CON DEBUXOS que representen iso (como fixemos en clase coa actividade de Bella, recordades?) 
Deberá seguir esta forma:

Non fai falta imprimir nada, podedes facelo vos.


Deixar en comentarios o lugar ao que che gustaría ir proximamente e mandade os traballos feitos ao meu correo (profesaramiguez@gmail.com) para que eu saiba que os fixestedes e valorar positivamente.

Unha aperta moi grande, Sara.

NON VOS ESQUEZADES HOXE DE IR AO BLOGUE DE MUSICA PARA FACER A ACTIVIDADE QUE VOS PREPAROU A PROFE SANDRA

https://musicafornelos.blogspot.com/2020/04/5-y-6.html

viernes, 17 de abril de 2020

CREAMOS?

Benvidos e benvidas un día máis nenxs de 5º!
Espero que eses telexornais estén saindo de maravilla!
Hoxe vamos a ir un pasiño máis alá. Imaxinadevos que podedes crear fenómenos atmosféricos e naturais...sería xenial verdade?
Pois iso é o que imos facer hoxe!
 Atentos e atentas, comezamos.

Podedes facer os tres experimentos ou un deles. O importante é que escribades na libreta o informe de cada experimento (como fixemos en clase varias veces) que vos deixo a continuación:

INFORME PARA CADA EXPERIMENTO
ollo!! non fai falta imprimilo, podedes escribirlo la libreta


Lede ben cada infografía de cada experimento e o que tendes que explicar a maiores no informe de cada un.




1º EXPERIMENTO: CREAMOS UN ARCO DA VELLA 



Despois de facelo, intenta pensar por qué ocurre este fenómeno e escribe o nome das cores do arco da vella.

2º EXPERIMENTO: CREAMOS UNHA NUBE

(OLLO! FACER COA SUPERVISIÓN DUN ADULTO)


Despois de facer o informe, escribe reflexiona por qué crees que ocorreu isto e explica a formación de nubes tendo en conta o ciclo da auga da paxina 57 de Ciencias Sociais

3º EXPERIMENTO: CREAMOS UN REMOLINO MARINO


Despois de facer o informe escribe por qué crees que ocorreu isto



Espero que vos divirtades e descubrades o maravillosa que é a natureza por facer todos estos fenónemos por ela soa e tamén, o maravillosa que é a ciencia que nos permite acercarnos a estos fenómenos dun xeito máis persoal.

Madádeme unha foto dos vosos experimentos ao correo.
Boa finde cientificos!!



jueves, 16 de abril de 2020

Parte meteorolóxico

Bos días a todos e todas!
Non sei se estades a notar que estos días non temos un tempo atmosférico moi indefinido. Uns días fai sol, nubes, e incluso trona! Isto débese a que estamos na estación da primavera, transición entre inverno e verán, polo que o noso tempo é máis inestable.

Cando estivemos estudando a unidade do clima, vimos que en España, temos diferentes tipos de climas e polo tanto esa é a razón pola que nunhas comunidades teñan máis días de sol e atas temperaturas (coma no caso do Clima Subtropical  de Canarias ou no clima Mediterráneo), e noutros teñan máis contrastes no tempo coma é o caso dos Climas Continental e Oceánico.

Tendo esto en conta a  tarefa de hoxe consiste no seguinte:

"O TELEXORNAL DO TEMPO DE ....."

Si! Nesta actividade prepararedes un telexornal no que seredes os encargados e encargadas de dar o parte do tempo.
Para facelo, póñovos os seguintes pasos a seguir.


*ACLARACIÓN: Podedes escoller qué estación do ano é (verán, outono, inverno ou primavera) xa que teremos un tempo diferente en cada estación. 

Para facer o punto 3º:Guión, deixovos un exemplo e vocabulario que debedes de ter en conta



Ollo! Se non se pode mandar o vídeo, mandade foto do guión e do mapa. Para o vídeo podedes vestirvos elegantes coma os presentadores, inventarvos un nome...ser orixinais se queredes! Non o fagades máis longo de 2 minutos senón vai ser dificil de que mo mandedes.

A TRABALLAR!






jueves, 2 de abril de 2020

CAMBIO CLIMÁTICO

Moi bos días! 
A puntiño de rematar esta semana, vamos traballar un pouquiño de Ciencias Sociais.

ACTIVIDADES

1º: ELEMENTOS DO CLIMA.
Para esta actividade podedes consultar as páxinas 56 e 57 do libro (tema 4) ou se vos atrevedes podedes facela sen ver para comprobar  se estos conceptos están clariños na nosa cabeza.

2º: ZOAS CLIMÁTICAS
Para esta actividade podedes repasar as páxinas 60 e 61 ou ven facelo sen mirar como na actividade anterior.

3º ASESORES DO CAMBIO CIMÁTICO.
O cambio climático é unha realidade. Hoxe, a través dos vídeos que vos deixo e a través do libro de Ciencias Sociais (páx 64 e 65) deberedes facer o seguinte.


ENLACES AOS VÍDEOS:


Podedes deixarme (se queredes) no correo (profesaramiguez@gmail.com) unha foto do chulo que vos quedou no informe e nos comentarios escribídeme un consello dos que escribístedes.

PD: Recordade pasarvos polos blogues de Inglés, Educación Fisica e Música para revisar todo que prepararon as profes para vos.

Unha aperta!
Sara.

lunes, 23 de marzo de 2020

UN POUQUIÑO DE CIENCIAS

Olaa todos e todas!
Como xa sabedes, esta situación vaise alargar un pouquiño máis pero temos que ser positivos e positivas, lavar moito as mans, coidarnos e coidar da nosa familia e non sair da casa! Sede responsables!

É moi importante manterse activos así que vos preparei un material para que repasedes as últimas cousiñas que estivemos vendo en ciencias.

CIENCIAS SOCIAIS


Por un lado deixovos uns xogos para repasar os climas de España ao que podedes acceder pulsando neste enlace.

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-sociales/geografia/mapa-climas-espana
https://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/los-climas-de-espana#.Wqg49OjOVPY
http://centros3.pntic.mec.es/cp.antonio.de.ulloa/webactivhotpot/raiz/Hot%20Pot/CONO/clima/climas.htm

Esta é una páxina moi chula para repasar, investigar as curiosidades de cada clima e facer actividades diferentes.
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/primaria/conocimiento/climas/htm/ejercicios/pagina3.htm

Por outro lado deixovos estas fichas de actividades. Podedes imprimilas e facelas cubrindoas ou ben, podedes escribir as solucións na libreta dos deberes poñendo de título "Un pouquiño de ciencias ficha 1". O climograma igual, se non o podedes imprimir, facelo la libreta.





CIENCIAS NATURAIS


Para repasar os ósos e os músculos propóñovos varias cousiñas.

1) Cancións dos ósos:

2) Cancións dos músculos


3) Manualidade do ESQUELETO HUMÁN (para deixar voar a imaxinación, repasar e pasar un rato diferente)


4) UNHA ACTIVIDADE DE REFLEXIÓN

O tempo dunha persoa é algo moi valioso, é algo que nunca máis se recupera, por iso é moi importante saber se o estamos invertindo ben. Propóñovos esta actividade de reflexión onde é fundamental que sexades sinceros e sinceras e reflexionedes sobre se é así como queredes invertir o voso tempo

Espero que vaiades facendo as cousas que vos poño. Gustaríame que me deixarades un comentario cada un e se podedes, avisar ós demais para que vean o blogue e me escriban. Quero saber de vos!

Estou por aqui por se precisades algo, ánimo e a por esta semana!
Unha aperta moi grande da vosa profe que xa vos bota de menos!!
Sara.