viernes, 19 de junio de 2020

CARTA

Meus queridos nenos e nenas de 5º:
Chegou o momento de despedirnos e tende por suposto que esta non era a maneira que tiña pensado para facelo.
Cando o 2 de setembro entrei na nosa clase posprimeira vez, só facía imaxinarme cantas cousas aprenderiamos xuntos nesa aula, cantas cousas bonitas faríamos, risas que compartiríamos e sobretodo preguntábame cómo seriades vos.
 Nove días despois coñecímonos e comezamos a xogar...xogamos moito e aprendimos todos os días uns dos outros e convertímonos nunha piña.
Hoxe, 8 meses despois dame unha mágoa tremenda entrar na clase e vela como se o tempo se parase: cos nosos proxectos na ventá, o esqueleto vixiando a clase, as plantas mustias, as grullas voando no teito e as vosas cadeiras baleiras...pero sempre hai que ver as cousas de forma positiva e non deixo de pensar en todo o que avanzastes cada un de vós, do que madurastes, do que evolucionastes coma equipos, coma clase... e todas as cousas novas que descubrimos xuntos.
Como dí a profe Sandra é importante pechar etapas para comezar con máis forza a seguinte e iso é o que estamos facendo hoxe.
O ano que ven non estarei aí con vós pero, tende por suposto que vos irei visitar a darvos a aperta xigante que hoxe non vos poido dar.
Espero de corazón que o pasarades ben e aprenderades que ao cole non se vai  só a aprender a sumar ou escribir...senón a aprender moitas outras cousas que non vos dades conta e que son incluso máis importantes.
Recordade que cada un de vós ten voz na vosa vida, que hai que ser empáticos, respetar as diferentes formas de querer e a forma de pensar dos demáis. Que cada un de vós é único e diferente e iso é importante, que vos sintades únicos e que non permitades que ningúen vos cambie.
Foi un reto e un orgullo tremendo ser a vosa profe, titora e como me dixestes algúns de vos, a vosa amiga. Sodes os meus primeiros doce titorizados e sempre sempre vos terei presente.
Gracias a todos e todas por ensinarme a ser mellor mestra, a aprender cada día e a demostrarme que teño a sorte de ter unha profesión preciosa.
Queda unha aperta pendente que vos darei en canto poida!!
Tendes o meu correo e cando queirades podedes escribirme, que gustarame moito saber de vós.
Gracias familias, sen a vosa axuda non sería posible.
Unha vez máis, gracias chicos e chicas. Non vos esquezades de ser únicos e boas persoas para o mundo. Ánimo con 6º e vémonos en canto poida.
Unha aperta xigante da vosa profe que vos quere moito.
Sara.





No hay comentarios:

Publicar un comentario