Bos días a todos e todas!
Non sei se estades a notar que estos días non temos un tempo atmosférico moi indefinido. Uns días fai sol, nubes, e incluso trona! Isto débese a que estamos na estación da primavera, transición entre inverno e verán, polo que o noso tempo é máis inestable.Cando estivemos estudando a unidade do clima, vimos que en España, temos diferentes tipos de climas e polo tanto esa é a razón pola que nunhas comunidades teñan máis días de sol e atas temperaturas (coma no caso do Clima Subtropical de Canarias ou no clima Mediterráneo), e noutros teñan máis contrastes no tempo coma é o caso dos Climas Continental e Oceánico.
Tendo esto en conta a tarefa de hoxe consiste no seguinte:
"O TELEXORNAL DO TEMPO DE ....."
Si! Nesta actividade prepararedes un telexornal no que seredes os encargados e encargadas de dar o parte do tempo.
Para facelo, póñovos os seguintes pasos a seguir.
*ACLARACIÓN: Podedes escoller qué estación do ano é (verán, outono, inverno ou primavera) xa que teremos un tempo diferente en cada estación.
Para facer o punto 3º:Guión, deixovos un exemplo e vocabulario que debedes de ter en conta
Ollo! Se non se pode mandar o vídeo, mandade foto do guión e do mapa. Para o vídeo podedes vestirvos elegantes coma os presentadores, inventarvos un nome...ser orixinais se queredes! Non o fagades máis longo de 2 minutos senón vai ser dificil de que mo mandedes.
A TRABALLAR!
A TRABALLAR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario