BOS DÍAS!
Espero que tiverades unha boa fin de semana e teñades as pilas ben cargadas, porque comeza a semana!
Pois como podedes ver no título, hoxe traballaremos cos cómics.
Deixovos unha pequena explicación que vos preparou a Orientadora Bea
Tendo isto en conta, debemos resaltar, que nun cómic as partes máis importantes son:
-Burbullas de diálogos ou bocadillos (de diferentes tipos segundo o que queramos expresar)
-As onomatopeias (sons que podemos escribir e que están presentes no noso día a día)
(pincha no enlace e comproba se entendes as onomatopeias:
-As viñetas que compoñen o cómic. Estas deben estar ordenadas para poder seguir a historia
SABENDO ISTO...
A tarefa de hoxe consistirá no seguinte:
1º Pinchar no enlace das onomatopeias
2º Cómic mudo: observa as seguintes viñetas e inventate un pequeno diálogo entre esos persoaxes
(non fai falta imprimilo, so tendes que escribir qué lle podería estar dicindo ese neno ao tigre e o tigre ao neno)
3º Inventar un cómic sobre a saída que fixemos a Lourizán antes de que pechara o cole. Podedes ser vos a persoa protagonista, facelo como se os guías que tivemos alí foran os protagonistas, ou incluso pode saír Montero Ríos, primer dono do Pazo.
Botádelle imaxinación, facédeo na libreta e marcade ben as viñetas. Coloreadeo e por último poñedelle un título.
Nese cómic deberedes ter en conta os tipos de bocadillos, onomatopeias, os signos de exclamación e interrogación (que podedes repasar na páxina 95 do libro), e debedes ter en conta o vocabulario das páxinas 8 e 72 do libro de lingua para poder incluir algún.
Podedes mandarme os vosos cómics ao correo
profesaramiguez@gmail.com
Estou desexando velo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario