jueves, 19 de marzo de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Ola ola!!
Antes de nada, feliz dia de San José e  moi especialmente ao noso Jose Manuel!

Bueno, nesta entrada vouvos propoñer un reto, a ver quen é capaz de resolver estas adiviñas.
Como vedes, cada adiviña ten un número. Poñede nos comentarios o número e o que pensades que é, a ver quén acerta máis!
Podedes incluso retar ás vosas familias a ver se eles as coñecen.





Unha aperta moooi grande! 💕 

PD: Estade atentos  e atentas á entrada de mañán!



miércoles, 18 de marzo de 2020

COMECOCOS

Ola de novo!!

Hoxe traivos un pasatempo co que pasar un bo rato e que podedes personalizar coa temáticaque queirades.
Trátase de facer un comecocos de papel. Podedes facelo da temática que queirades pero se non se vos ocurre nada, deixovos algunhas ideas coa que podedes poñer a proba ás vosas familias a ver se son capaces de adiviñalas.

  • Preguntas sobre como eres ti (exemplo: Cal é a miña comida favorita?)
  • Preguntas sobre o que levamos estudado de ciencias (Universo, seres vivos, climas, relevo..)  (exemplo: Que características teñen os seres vivos para consideralos como tales? Facer as tres funcións vitais e estar formados por células)
  • Preguntas sobre películas (exemplo: Como se chama o boneco de neve dunha peli ao que lle gustan as apertas quentiñas? OLAF)

Recordade que as preguntas deberán poñerse nas "pestañas" e as respostas dentro das mesmas.
Podedes decoralo con cores, bonecos, símbolos...como queirades!!
Pode ser unha boa forma de repasar contidos dados ata agora ou simplemente para pasar un rato divertido!

Deixovos unhas instruccións moi sinxelas para poder facelo.


Espero comentarios sobre qué temática elexistedes e algunha fotiño para ver o chulos que os fixestes.
Unha aperta mooooi grande,
Sara 😍

martes, 17 de marzo de 2020

RETOS MATEMÁTICOS

Para entrenar a nosa mente e capacidade matemática, propóñovos uns retos matemáticos moi entretenidos.
Espero que vos gusten!
Ide poñendo  nos comentarios as solucións e ao rematar a semana direi solucións.

A por eles!!




Benvidos e benvidas

Ola chicos e chicas!

Como estades levando estos días? Son un pouco raros pero xa veredes como axiña estamos xuntos retomando os nosos proxectos.

Como iredes vendo por aquí, irei propoñendo diferentes actividades para que levedes mellor estos días.
Todo o que publicarei por aqui NON É OBRIGATORIO FACELO, pero asegúrovos que vos van gustar.

Agradecería que me deixedes algún comentario para saber que vos estades enterando da existencia do blogue e das actividades que vou subindo.
Coma sei que vos estades comunicados a través do class royale, comentádelle aos demais da clase que pasen polo blogue e deixen un comentario.

Se tendes dúbidas dos deberes que vos mandei ou queredes poñervos en contaco conmigo, este blogue será a nosa canle de contacto. Deixade comentario co voso nome que eu vos contestarei. Estarei moi pendente de vos.

Unha aperta moi grande da vosa profe Sara 😊