lunes, 23 de marzo de 2020

UN POUQUIÑO DE CIENCIAS

Olaa todos e todas!
Como xa sabedes, esta situación vaise alargar un pouquiño máis pero temos que ser positivos e positivas, lavar moito as mans, coidarnos e coidar da nosa familia e non sair da casa! Sede responsables!

É moi importante manterse activos así que vos preparei un material para que repasedes as últimas cousiñas que estivemos vendo en ciencias.

CIENCIAS SOCIAIS


Por un lado deixovos uns xogos para repasar os climas de España ao que podedes acceder pulsando neste enlace.

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-sociales/geografia/mapa-climas-espana
https://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/los-climas-de-espana#.Wqg49OjOVPY
http://centros3.pntic.mec.es/cp.antonio.de.ulloa/webactivhotpot/raiz/Hot%20Pot/CONO/clima/climas.htm

Esta é una páxina moi chula para repasar, investigar as curiosidades de cada clima e facer actividades diferentes.
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/primaria/conocimiento/climas/htm/ejercicios/pagina3.htm

Por outro lado deixovos estas fichas de actividades. Podedes imprimilas e facelas cubrindoas ou ben, podedes escribir as solucións na libreta dos deberes poñendo de título "Un pouquiño de ciencias ficha 1". O climograma igual, se non o podedes imprimir, facelo la libreta.





CIENCIAS NATURAIS


Para repasar os ósos e os músculos propóñovos varias cousiñas.

1) Cancións dos ósos:

2) Cancións dos músculos


3) Manualidade do ESQUELETO HUMÁN (para deixar voar a imaxinación, repasar e pasar un rato diferente)


4) UNHA ACTIVIDADE DE REFLEXIÓN

O tempo dunha persoa é algo moi valioso, é algo que nunca máis se recupera, por iso é moi importante saber se o estamos invertindo ben. Propóñovos esta actividade de reflexión onde é fundamental que sexades sinceros e sinceras e reflexionedes sobre se é así como queredes invertir o voso tempo

Espero que vaiades facendo as cousas que vos poño. Gustaríame que me deixarades un comentario cada un e se podedes, avisar ós demais para que vean o blogue e me escriban. Quero saber de vos!

Estou por aqui por se precisades algo, ánimo e a por esta semana!
Unha aperta moi grande da vosa profe que xa vos bota de menos!!
Sara.


sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía, un xéreno moi importante na historia que, como sabedes, permite ao autor expresar os seus sentimentos, emocións coas palabras, buscando a beleza no que di.

Ainda que tiña pensado lervolo eu na clase, deixovos por aquí un contacontos escrito en verso co que descubriredes unha nova historia e versión a través de CENICIENTO.

Espero que vos guste e que saquedes unha pequena reflexión acerca dos estereotipos de xénero (recordade que estos eran aquelas cousas que a sociedade daba por sentado para homes ou mulleres) e do coidado do medio ambiente.





Deixádeme nos comentarios se vos gustou e o que pensades sobre a historia.
Unha aperta! 

viernes, 20 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS FIN DE SEMANA

Para rematar esta primeira semana vouvos propoñer algúns xogos e actividades que poderedes facer pola vosa conta ou ben, facer coa vosa familia.

  • Xogos de mímica: podedes poñer en papeliños diferentes nomes de animais, obxectos, profesións... Eses papeliños doblaranse e cada un collerá ao azar un papel. Leerá o nome que ten escrito e as demais persoas deberán adiviñalo. Quen acerte deberá coller un novo papeliño. Tamén se pode facer con películas, con cancións ou con emocións como fixemos en clase.
  • Xogos de adiviñar: como fixemos en clase cos planetas, neste xogo podemos poñer nun papeliño un nome (de lugares, animais, actores e actrices, cantantes, persoas da familia...) e pegarase con celo ou fixo na frente da nosa parella. Esta persoa debe facer o mesmo e pegarvos na frente un papeliño a vos. Cada un deberá intentar adiviñar o personaxe que ten pegado na frante. So se poden facer preguntas que se poidan contestar con SI ou NON.
Aproveito para recordarvos que na columna da esquerda deste blogue tendes os enlaces a todos os blogues do cole no que atoparedes:

-No blogue de Inglés, diferentes juegos, canciones e vídeos moi divertidos en inglés.
-No blogue de Educación Física, retos moi divertidos que vos propón a profe Lucía.
-No blogue de Música, enlaces ao Just Dance, a Danza dos 7 saltos...para moverse e pasalo ben!
-No blogue do cole, algunhas recomendacións e a plantilla de "diario" que podedes facer.
-No blogue da biblioteca, podedes votar unha ollada as novidades deste mes para cando volvamos ter algún libro en mente para leer.

Boa finde e quero ler nos comentarios que fixestes esta finde.
Vamos que queda menos!!
Sara 

ESCRITURA CREATIVA

Para non perder a nosa rutina, hoxe como é venres, propóñovos una actividade de escritura creativa que tanto vos gustan.

Neste caso farémola en castelán asi que atentos e atenas ás instruccións.


En este caso, dejaremos volar nuestra imaginación y nos pondremos en el caso de que tenéis superpoderes. Esto os puede convertir en superhéroes/superheroínas si los usais para hacer el bien, o por el contrario, en villanos y villanas si los usais para hacer el mal (espero que no!! jeje)

Debereis seguir las instrucciones de la carta y escribir en la libreta de los deberes cómo sería vuestra vida con superpoderes, como sería vuestro nombre ficticio, que superpoderes serían y podréis contar una misión e incluso diseñar vuestro traje.





PD: Como siempre, os recuerdo que esto NO ES OBLIGATORIO, pero os vendrá muy bien para desconectar del ordenador o móvil y echar a volar la imaginación.

Espero comentarios haciéndome un adelanto sobre esa historia, nombre, poderes...

Ánimo que ya queda menos!!
Un abrazo gigante, 
Sara.

jueves, 19 de marzo de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Ola ola!!
Antes de nada, feliz dia de San José e  moi especialmente ao noso Jose Manuel!

Bueno, nesta entrada vouvos propoñer un reto, a ver quen é capaz de resolver estas adiviñas.
Como vedes, cada adiviña ten un número. Poñede nos comentarios o número e o que pensades que é, a ver quén acerta máis!
Podedes incluso retar ás vosas familias a ver se eles as coñecen.





Unha aperta moooi grande! 💕 

PD: Estade atentos  e atentas á entrada de mañán!



miércoles, 18 de marzo de 2020

COMECOCOS

Ola de novo!!

Hoxe traivos un pasatempo co que pasar un bo rato e que podedes personalizar coa temáticaque queirades.
Trátase de facer un comecocos de papel. Podedes facelo da temática que queirades pero se non se vos ocurre nada, deixovos algunhas ideas coa que podedes poñer a proba ás vosas familias a ver se son capaces de adiviñalas.

  • Preguntas sobre como eres ti (exemplo: Cal é a miña comida favorita?)
  • Preguntas sobre o que levamos estudado de ciencias (Universo, seres vivos, climas, relevo..)  (exemplo: Que características teñen os seres vivos para consideralos como tales? Facer as tres funcións vitais e estar formados por células)
  • Preguntas sobre películas (exemplo: Como se chama o boneco de neve dunha peli ao que lle gustan as apertas quentiñas? OLAF)

Recordade que as preguntas deberán poñerse nas "pestañas" e as respostas dentro das mesmas.
Podedes decoralo con cores, bonecos, símbolos...como queirades!!
Pode ser unha boa forma de repasar contidos dados ata agora ou simplemente para pasar un rato divertido!

Deixovos unhas instruccións moi sinxelas para poder facelo.


Espero comentarios sobre qué temática elexistedes e algunha fotiño para ver o chulos que os fixestes.
Unha aperta mooooi grande,
Sara 😍

martes, 17 de marzo de 2020

RETOS MATEMÁTICOS

Para entrenar a nosa mente e capacidade matemática, propóñovos uns retos matemáticos moi entretenidos.
Espero que vos gusten!
Ide poñendo  nos comentarios as solucións e ao rematar a semana direi solucións.

A por eles!!