miércoles, 22 de abril de 2020

PARA AS FAMILIAS: INFORMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Estimadas familias, confirmada a realización do 3º trimestre deste curso dende a casa, polo que vos deixarei aspectos importantes sobre COMO se vai desenvolver.



  • O terceiro trimestre será de repaso, ampliación en contido básico e competencias clave do traballado na 1º e na 2º avaliación. De ser o caso de ter algunha materia suspensa poderá recuperarse co traballo que se realice neste trimestre e que cada mestre lle envíe a dito alumnado. 
  • Non se dará contido novo.
  • O traballo diario será comunicado a través do blogue de aula, polo que é importante que o alumnado entre no blogue e reenvie as tarefas  (SO AS QUE EU DIGO QUE ENVIEDES) ao correo que vos proporcionei (profesaramiguez@gmail.com).
  • Estas tarefas contarán positivamente. Farase un rexistro do voso traballo que contará  na 3º avaliación.
  • Calquera incidencia, dificultade de acceso aos blogues, correo, conexión dixital...podedes escribir ao correo do centro comunicandoo ( ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es) ou comunicarmo a min por medio do blogue ou correo para intentar solucionalo e que ninguén se quede atrás.
  • Nas tarefas que mando intento que non sexa necesario imprimir, pero nalgunhas haberá que facelo, por iso, o concello habilitou un correo para poder reenviar aqueles documentos que precisen ser impresos (rexistro@fornelos.com) no que deberedes reenviar o arquivo co voso nome e dirección e eles volo enviarán á casa.
  • Intentamos mandar actividades nas que traballen pero estén entretidos e entretidas, non se porá datas límite para as actividades (de ser no caso nalgúns cuestionarios, serán datas longas) polo que o ritmo de traballo márcano eles pero DEBEN facer as tarefas.
  • Como titora pídovos que ao longo desta semana, escribademe un correo a min (profesaramiguez@gmail.com) poñendo o voso nome e dicindo qué recursos tendes para traballar: movil, ordenador ou tablet (para teros localizados e poder organiza o traballo que imos realizar)
  • Pidovos que lles deixedes un comentario identificandovos as mestras especialistas de INGLES, EDUCACIÓN FÍSICA e MUSICA  nos seus BLOGUES. Para saber que estades conectados e que estades recibindo a información xa que hai moitos nenos e nenas das que non se sabe nada.

ORGANZACIÓN DE MATERIAS

Cada día eu subirei unha tarefa dunha materia

  • LUNS E XOVES teredes que ir ao blogue de EDUCACIÓN FÍSICA para as actividades
  • MARTES teredes que ir ao blogue de INGLÉS
  • MERCORES teredes que ir ao blogue de MUSICA
(Eu vos porei un enlace por se vos esquecedes esos días)

Calquera dúbida será atendida polo correo.
Un saúdo, Sara.

Dia da Terra

Ola ola!!
Como podedes ver no título da publicación, hoxe é o Día da Terra, pero iso non significa que só hoxe teñamos que acordarnos de coidar o noso planeta e foga, senon que o camiño faise día a día e e non somentes un día en concreto.
Con toda esta situación que estamos a vivir, as gañas de coñecer mundo e estar en contaco coa natureza aumentan, non vos pasa? Cantas gañas tendes de ir a descubrir lugares novos e descubrir sitios increíbles que agocha o mundo?
Eu persoalmete moitas!

Por iso hoxe imos falar de tres lugares diferentes, con características diferentes que os definen como o que son: ECOSISTEMAS.

A tarefa de hoxe consistirá en 2 actividades:

ACTIVIDADE 1: OS ECOSISTEMAS

Para refrescar a mente, poñovos os seguintes videos que deberedes mirar pulsando enriba deles:




A continuación, deberedes observar as diferentes imaxes que os mostro neste documento e na libreta debedes facer un informe coas cousas que se vos pide.
Para ese informe deberedes poñer: IMAXE 1 e redactar todo o que se vos pide (o mesmo coas demáis imaxes)







Podedes refrescar a mente sobre os ecosistemas no tema 3 de Naturais ou revisar os vídeos.

Recordade tamén as diferentes zonas climáticas do planeta (TEMA 4 de Ciencias Sociais)

ACTIVIDADE 2: EU COIDO A TERRA

Nunha folla deberedes escribir 10 accións coas que podemos coidar a Terra. 
En cada frecha deberedes poñer unha acción con poucas palabras E CON DEBUXOS que representen iso (como fixemos en clase coa actividade de Bella, recordades?) 
Deberá seguir esta forma:

Non fai falta imprimir nada, podedes facelo vos.


Deixar en comentarios o lugar ao que che gustaría ir proximamente e mandade os traballos feitos ao meu correo (profesaramiguez@gmail.com) para que eu saiba que os fixestedes e valorar positivamente.

Unha aperta moi grande, Sara.

NON VOS ESQUEZADES HOXE DE IR AO BLOGUE DE MUSICA PARA FACER A ACTIVIDADE QUE VOS PREPAROU A PROFE SANDRA

https://musicafornelos.blogspot.com/2020/04/5-y-6.html

martes, 21 de abril de 2020

EL PROBLEMA DE DON CEREBRO

Buenos días chicos y chicas, hoy os traigo una misión especial en la que los conocimientos y habilidades matemáticas serán fundamentales. Estáis preparados?





Cuando tengáis la posible contraseña, Don Cerebro se asegurará de que es esa realmente y no lo estáis engañando, por lo que tendréis que pinchar en el siguiente enlace y contestar 3 preguntas.

(Deberéis poner vuestro nombre nada más empezar)


Tenéis hasta el lunes a las 12 de la mañana para hacerlo.

Suerte!

(Si alguien tiene problema con el Kahoot del enlace que me mande un correo)
(Mandadme una foto de las cuentas para corregirlas, NO HACE FALTA IMPRIMIR NADA)

Muchos besos!!



lunes, 20 de abril de 2020

Taller de cómics

BOS DÍAS!
Espero que tiverades unha boa fin de semana e teñades as pilas ben cargadas, porque comeza a semana!

Pois como podedes ver no título, hoxe traballaremos cos cómics.
Deixovos unha pequena explicación que vos preparou a Orientadora Bea


Tendo isto en conta, debemos resaltar, que nun cómic as partes máis importantes son:

-Burbullas de diálogos ou bocadillos (de diferentes tipos segundo o que queramos expresar)


-As onomatopeias (sons que podemos escribir e que están presentes no noso día a día)
 (pincha no enlace e comproba se entendes as onomatopeias:

-As viñetas que compoñen o cómic. Estas deben estar ordenadas para poder seguir a historia


SABENDO ISTO...

A tarefa de hoxe consistirá no seguinte:


1º Pinchar no enlace das onomatopeias

2º Cómic mudo: observa as seguintes viñetas e inventate un pequeno diálogo entre esos persoaxes 
(non fai falta imprimilo, so tendes que escribir qué lle podería estar dicindo ese neno ao tigre e o tigre ao neno)


3º Inventar un cómic sobre a saída que fixemos a Lourizán antes de que pechara o cole. Podedes ser vos a persoa protagonista, facelo como se os guías que tivemos alí foran os protagonistas, ou incluso pode saír Montero Ríos, primer dono do Pazo.
Botádelle imaxinación, facédeo na libreta e marcade ben as viñetas. Coloreadeo e por último poñedelle un título.

Nese cómic deberedes ter en conta os tipos de bocadillos, onomatopeias, os signos de exclamación e interrogación (que podedes repasar na páxina 95 do libro), e debedes ter en conta o vocabulario das páxinas 8 e 72 do libro de lingua para poder incluir algún.

Para facer o cómic tende en conta as normas básicas:


Podedes mandarme os vosos cómics ao correo
profesaramiguez@gmail.com
Estou desexando velo!!



viernes, 17 de abril de 2020

CREAMOS?

Benvidos e benvidas un día máis nenxs de 5º!
Espero que eses telexornais estén saindo de maravilla!
Hoxe vamos a ir un pasiño máis alá. Imaxinadevos que podedes crear fenómenos atmosféricos e naturais...sería xenial verdade?
Pois iso é o que imos facer hoxe!
 Atentos e atentas, comezamos.

Podedes facer os tres experimentos ou un deles. O importante é que escribades na libreta o informe de cada experimento (como fixemos en clase varias veces) que vos deixo a continuación:

INFORME PARA CADA EXPERIMENTO
ollo!! non fai falta imprimilo, podedes escribirlo la libreta


Lede ben cada infografía de cada experimento e o que tendes que explicar a maiores no informe de cada un.




1º EXPERIMENTO: CREAMOS UN ARCO DA VELLA 



Despois de facelo, intenta pensar por qué ocurre este fenómeno e escribe o nome das cores do arco da vella.

2º EXPERIMENTO: CREAMOS UNHA NUBE

(OLLO! FACER COA SUPERVISIÓN DUN ADULTO)


Despois de facer o informe, escribe reflexiona por qué crees que ocorreu isto e explica a formación de nubes tendo en conta o ciclo da auga da paxina 57 de Ciencias Sociais

3º EXPERIMENTO: CREAMOS UN REMOLINO MARINO


Despois de facer o informe escribe por qué crees que ocorreu isto



Espero que vos divirtades e descubrades o maravillosa que é a natureza por facer todos estos fenónemos por ela soa e tamén, o maravillosa que é a ciencia que nos permite acercarnos a estos fenómenos dun xeito máis persoal.

Madádeme unha foto dos vosos experimentos ao correo.
Boa finde cientificos!!



jueves, 16 de abril de 2020

Parte meteorolóxico

Bos días a todos e todas!
Non sei se estades a notar que estos días non temos un tempo atmosférico moi indefinido. Uns días fai sol, nubes, e incluso trona! Isto débese a que estamos na estación da primavera, transición entre inverno e verán, polo que o noso tempo é máis inestable.

Cando estivemos estudando a unidade do clima, vimos que en España, temos diferentes tipos de climas e polo tanto esa é a razón pola que nunhas comunidades teñan máis días de sol e atas temperaturas (coma no caso do Clima Subtropical  de Canarias ou no clima Mediterráneo), e noutros teñan máis contrastes no tempo coma é o caso dos Climas Continental e Oceánico.

Tendo esto en conta a  tarefa de hoxe consiste no seguinte:

"O TELEXORNAL DO TEMPO DE ....."

Si! Nesta actividade prepararedes un telexornal no que seredes os encargados e encargadas de dar o parte do tempo.
Para facelo, póñovos os seguintes pasos a seguir.


*ACLARACIÓN: Podedes escoller qué estación do ano é (verán, outono, inverno ou primavera) xa que teremos un tempo diferente en cada estación. 

Para facer o punto 3º:Guión, deixovos un exemplo e vocabulario que debedes de ter en conta



Ollo! Se non se pode mandar o vídeo, mandade foto do guión e do mapa. Para o vídeo podedes vestirvos elegantes coma os presentadores, inventarvos un nome...ser orixinais se queredes! Non o fagades máis longo de 2 minutos senón vai ser dificil de que mo mandedes.

A TRABALLAR!